Germán Díaz presenta o seu “Método Cardiofónico”

O doutor Iriarte gravou os latexos do corazón e gravounos nun vinilo. Sobre ese experimento, o músico Germán Díaz creou o seu “Método Cardiofónico”, un novo disco que presenta o vindeiro día 17 en Compostela. 

Germán Díaz
photo_camera Germán Díaz

Dos son das cardiopatías a un traballo musical contemporáneo. Así é Método Cardiofónico, o título do novo disco do músico Germán Díaz, que se basea no traballo que o doutor Iriarte gravou nos anos corenta cos distintos latexos do corazón para explicar ao seu alumnado os diferentes sons das cardiopatías. Os sons cos que se converteron en recursos didácticos para Iriarte están agora no inicio do novo traballo de Díaz que emprega instrumentos mecánicos que len cartóns perforados para a sorpresa do audiotorio. 

Canda a zanfona, Germán Díaz emprega no seu novo espectáculo o órgano de barbaría, caixa de música, rolmónica cromática ou playasax, instrumentos singulares que se suman á gravación de loops en directo que ofrecen como resultado final un directo no que a improvisación se suma aos sons preparados nos cartóns perforados. 

Benxamín Otero no oboe e David J. Herrington na trompeta e tuba acompañarán a Díaz na presentación no Teatro Principal de Compostela o vindeiro 17 de setembro. O que está considerado un dos mellores zanfonistas do mundo presentará a seguir o seu novo traballo o 18 na Casa do Pobo de Cangas e o 19 e 20 ofrecerá dous concertos privados en Teo e Ourense dos que estaban previsto na campaña de micromecenazgo do disco. 

Nacido en Valladolid, o zanfonista conta cunha prestixiosa traxectoria individual recoñecida a nivel mundial ademais de ter participado en numerosos proxectos como a banda sonora do filme Vilamor de Ignacio Vilar ou os traballos musicais de Najla Shami, Marful, Baldo Martínez, Marcos Teira ou Ugia e Fred Martins. 

Comentarios