O Galo presenta o libro-DVD sobre Manuel María de Margarita Ledo

O Galo acolle a sexta feira 29 de abril a presentación do libro-DVD 'Manuel María: 'Eu son fala e terra desta terra', da cineasta Margarita Ledo Andión. A presentación terá lugar na libraría Cronopios de Compstela e intervirán, ademais da autora da fita, a xornalista Carme Vidal. 

MM-margaritaledo
photo_camera Manuel María e Margarita Ledo, entre outras persoas [A Profa]

'Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra' divídese nun libro con textos escritos por diferentes persoas e un documental, realizado por Margarita Ledo, onde a través da voz do propio Manuel María presenta a vida do escritor en todas as súas facianas.

Pola banda do papel, titúlase 'A propósito de Manuel' e contén textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e a propia Ledo. Pola banda da fita, inclúe un documental en formato DVD onde, a partir da voz do propio Manuel María, fai unha homenaxe a Manuel, á súa contorna máis próxima, á súa extensa obra e ao seu activismo político. Se algo transmite Margarita Ledo nas verbas que lle adica no libro e tamén no documental que fai é a amizade que lle uniu ao coñecido como “poeta da terra”. 

Comentarios