A quinta, día 21

O Galo conmemora o Día da Poesía con Ricardo Seixo

Esta quinta feira, 21 de marzo, a A.C. O Galo celebra o Día da Poesía e faino da man de Ricardo Seixo, cun recital de “Versos Noctámbulos” que decorrerá a partir das 20.15 horas en Vide Vide.

seixo
photo_camera [Imaxe: AVV Agra do Orzán] Ricardo Seixo

Cartaz Seixo 21,03.19, Versos NoctambúlosO espazo enocultural Vide Vide (Fonte de Santo Antonio, 10) acolle esta quinta feira, día 21, ás 20.15 horas, o acto co que a A.C. O Galo conmemora o Día da Poesía. Farao con Ricardo Seixo, escritor que nas súas composicións evidencia a fusión entre a música e a poesía. Precisamente, unha das súas facetas consiste na recuperación da música tradicional galega.

Seixo dará conta do proceso creativo de “Versos noctámbulos” e participará no recitado de poemas. A música tamén terá cabida no acto, da man do grupo Maraxe, que interpretará cinco temas tradicionais. Ao remate da actividade, de carácter público, servirase viño galego.

Comentarios