CINEMA

Galiza xógase dez premios Goya

El desconocido –que aspira a oito premios- Maimiño e Holy Night poderían traer á Galiza un total de dez estatuíñas da cerimonia dos premios Goya, os máis relevantes do cinema a nivel estatal.

DESCONOCIDO_FTG_00261856
photo_camera Fotograma de El desconocido

As miradas do cinema galego céntranse esta noite en El desconocido, o thriller de Vaca Films rodado na Coruña, que aspira a oito galardóns. Trátase do terceiro filme con maior presenza no conxunto das categorías, por detrás de La novia, con doce candidaturas e de Nadie quiere la noche, con nove.

O propio director de El desconocido, Dani de la Torre, é candidato á mellor dirección novel. Ademais, Jorge Coira opta á mellor montaxe; Luís Tosar, ao mellor actor protagonista; Alberto Marini, ao mellor guión orixinal e Elvira Mínguez á mellor actriz de reparto. As outras candidaturas do filme son á mellor dirección de produción (Carla Pérez), ao mellor son (David Machado, Jaime Fernández e Nacho Arenas) e aos mellores efectos especiais (Isidro Jiménez e Pau Costa).

Na categoría de mellor longametraxe de animación xóganse o Goya dúas fitas galegas. Son Noite de paz? Tamén coñecida como Holy night, da produtora coruñesa Dygra, e Maimiño, de Ficción Producciones, que xa se fixo co Mestre Mateo nesta categoría no mes de abril de 2015.

Comentarios