QUE FACER?

A Galiza festivaleira non para

A oferta da fin de semana dá para todo e para todos os gostos. Festivais sen tregua nun verán galego que se resiste a morrer.

rock_in_rian
photo_camera rock_in_rian

Sexta feira

Festival do Anllóns

Ponteceso.  Praza do Recheo de Ponteceso. 22.00. Arranca con forza a I edición do Festival do Anllóns, con actuacións musicais ao cargo de bandas como Poetarras, Mad Martin Trío e Superoito, entre outras. 

Sexta feira e sábado

Rockin' Vila. Vilanova de Arousa. Parque do Cabo. 21.00. Na sexta feira actuarán Cabo, Dakidarría, Familia Caamagno, Ulträqäns, Deseqilibrio Mental e SOKRAM; e o sábado subirán ao escenario Leda Atómica, Ghesgha e Kings Of The Beach. 

Sábado

Festival Festimar. Marín. Paseo alcalde Antonio Blanco. 22.00. Nesta quinta edición do Festival da Música subirán ao escenario grupos como Poetarras, El Son de la Chama, Bastards, Festicultores Troupe, Xenderal e, para pechar, DJ G.Rich.

Festival Rock in Rian 

Rianxo. Parque da Galiza. 23.30. Un ano máis arranca o festival, coa actuación de cinco bandas galegas que se encargarán de caldear o ambiente: Cuchufellos, Dakidarría, Zénzar, Mafalda e Nao. 

Sexta feira, sábado e domingo

III Edición do WOS Festival. Santiago de Compostela. Varios puntos da cidade. Na terceira edición do Festival contarán coa presenza de grupos nacionais como Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda VS. LAR Legido ou Harrison Ford Fiesta, entre outros moitos. 

Festival Internacional de Curtametraxes. Bueu. Auditorio do Centro Social do Mar. Até o día 18. O FICBUEU chega para dar a coñecer ao público un cinema local e internacional. Proxectaranse máis de sesenta curtas, con actividades paralelas, obradoiros ou conferencias.

Festival Tosta. Rianxo. Peirao. O Tosta chega a Galiza para festexar a diversidade cultural e lingüística das nacións atlánticas coas actuacións de Xurxo Souto, Quico Cadaval, a Banda Tosta, Luned Rhys Parri, Oreka TX, Magín Blanco, Belém Tajes ou Guadi Galego. Amais, haberá presentación e mostra de obras artísticas, emisión de audiovisuais, creación dun flashmob, street art, etc.

Euro-Árabe Amal. Pontevedra. Teatro Principal. O Festival Internacional de Cinema, Amal en Ruta, proxectará catro películas de ficción e tres documentais: un western, dous dramas, unha traxicomedia e tres documentais sobre a Guerra de Siria, a educación en Palestina e a presenza árabe en Galiza. Será na cuarta feira e na sexta, ás 21:00h, e sábado e o domingo nunha dobre sesión ás 19:30 e as 21:00h. 

Festival de la Luz. Boimorto. A carón da casa en que naceu Luz Casal, promotora deste festival. Abigarrado cartaz con clásicos da música estatal (de Hombres G a Aute) e nomes consagrados dos palcos galegos como Heredeiros da Crus, Miguel Costa e Guadi Galego.

Comentarios