11 de maio en Compostela

'Galiza 1968' e o xornalista Daniel Salgado, entre os finalistas da Gala do Libro Galego 2019

Galiza 1968. A consciencia avivada, o volume colectivo publicado por Sermos Galiza, é un dos finalistas na categoría de Divulgación da IV Gala do Libro Galego 2019. Organizada pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza, a entrega de premios será o 11 de maio en Compostela.
 

[SG] Premiadas e premiados na III Gala do Libro
photo_camera Premiadas e premiados na III Gala do Libro en 2018. Foto: SG.

Ademais, o redactor de Sermos Galiza Daniel Salgado é tamén finalista no apartado de Traxectoria no xornalismo cultural.

Galiza 1968, coordinado por Xosé Ramón Ermida Meilán, aborda as mobilizacións estudantís que abalaron o país no axitado final da década dos 60. Pero non só, xa que se debruza igualmente sobre os modos de vida e os costumes da época. Achegan textos ao volume Pilar Allegue, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carmo García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero e Xesús Sanxoás.

Na mesma modalidade de Divulgación é finalista o libro Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro, que en parte recolle artigos publicados no semanario Sermos Galiza.

“Con estes premios preténdese rcoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 en Galiza”, sinalan as entidades organizadoras, “mentres que as modalidades de Iniciativa cultural, Fomento da lectura, Proxecto literario na Rede e Xornalismo cultural recoñecen a traxectoria de varios anos e valoran a constancia ao longo do tempo”.

A escolla de finalistas nas 15 categorías xorde das “bases asociativas das tres entidades convocantes. Posteriormente é sometida a un proceso de revisión e fallo por parte dun xurado externo”. Os premios non teñen dotación económica. A Gala do Libro Galego, que se celebrará no Teatro Principal de Compostela o 11 de maio, conta co apoio do Concello da capital, a Xunta de Galiza e a Deputación da Coruña.

Veaquí todos os finalistas en todos os apartados da Gala do Libro 2019:

Ensaio e investigación
 
- As orixes da fotografía en Galicia: estudos composteláns do XIX, de Carlos Castelao (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago).
- Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).
- Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas (Edicións Xerais de Galicia).
- Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, de Montse Pena Presas (Edicións Laiovento).
- Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez (editores) (Editorial Galaxia).
- Vivir a galope, de María Xosé Queizán (Edicións Xerais de Galicia).
 

Divulgación
 
- Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora).
- Galaicos. Un pobo entre dous mundos, de Xurxo Ayán, María Luisa Castro, Antoni Nicolau, Diego Piay e Rafael Rodríguez (Alvarellos Editora-Deputación de Pontevedra).
- Galiza 1968. A consciencia avivada, de Xosé Ramón Ermida Meilán (coord), Pilar Allegue Aguete, Vicente Araguas, Nemésio Barxa, Xaquín Campo Freire, María do Carme García Negro, Henrique Harguindey, Camiño Noia, Manuel Romero, Xesús Sanxoás Formoso (Sermos Galiza).
- Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza, de Pepe Barro (Edicións Xerais de Galicia).
- Maternidade fóra de catálogo, de Marga Tojo (Edicións Xerais de Galicia).
- Memorias dun loitador antifranquista, de David Álvarez Carballido (Alvarellos Editora).
 

Narrativa
 
- Besta do seu sangue, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia).
- Bonus Track, de Rosalía Fernández Rial (Editorial Galaxia).
- Fóra de si, de Suso de Toro (Edicións Xerais de Galicia).
- Guías caninos, de Bieito Iglesias (Aira Editorial)
- Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia).
 
 
Infantil
 
- Kusuma, de Héctor Cajaraville (Edicións Xerais de Galicia).
- Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz (Edicións Xerais de Galicia).
- O ladrón de voces, de María Canosa (Edicións Embora).
- Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora).
- Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez Rodríguez (Edicións Xerais de Galicia).
 
 
Xuvenil
 
- A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia).
- A filla do minotauro, de Marilar Aleixandre (Editorial Galaxia).
- O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora).
- Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (Editorial Galaxia).
- Street Poems, de Fran Alonso (Edicións Xerais de Galicia).
 
 
Libro ilustrado
 
- Macedonia de versos, por Lidia Nokonoko (Aira Editorial).
- Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
- O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, por Víctor Rivas (Urco Editora).
- Pioneiras. Galegas que abriron camiño, por Nuria Díaz (Edicións Xerais de Galicia).


Libro de banda deseñada

- Animalia I. Verde, por Xosé Tomás (Edicións Xerais de Galicia).
- O bichero VIII, por Luís Davila (Edición do autor).
- O puño e a letra, por VV. AA.(Edicións Xerais de Galicia).
- Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia, por Alberto Varela Ferreiro (Edicións Xerais de Galicia).
 
 
Iniciativa bibliográfica
 
- A gotiña viaxeira, de Toño Núñez (texto) e Miguel Anxo Macía (ilustración), por Edicións Fervenza.
- Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora.
- Colección Feminismos, por Editorial Galaxia.
- Lorca, Poeta galego (Edición facsimilar dos Seis Poemas Galegos e posta en marcha do "25-0 Día de FGL en Galicia"), por Alvarellos Editora.
- Mulleres bravas da nosa historia, por Urco Editora.
 
 
Tradución
 
- A cámara do sangue e outros relatos, de Angela Carter, por María Reimóndez (Urco Editora).
- A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné).
- Momentos estelares da humanidade, de Stefan Zweig, por Laureano Araujo (Kalandraka Editora).
- O tesouro de Lucio. Vida de Lucio Urtubia, de Mikel Santos, Belatz, por Manel Cráneo (Demo Editorial).
- Pedagoxía do oprimido, de Paulo Freire, por Ramón Nicolás (Kalandraka Editora).
 
 
Poesía
 
- ...as neuronas irmás..., de Estíbaliz Espinosa (Centro PEN Galicia)
- Cara de velocidade, de Marga Tojo (Kalandraka Editora).
- Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Edicións Xerais de Galicia).
- Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias (Edicións Xerais de Galicia).
- Tempo fósil, de Pilar Pallarés (Chan da Pólvora).
- Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao (Apiario).
 
 
Teatro

- A fada pirata, de Carlos Labraña (Edicións Fervenza).
- A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia).
- Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora).
- Memorias da árbore e da noite triste. Último acto de don Ramón del Valle-Inclán, de Fátima I. Rey Blanco (Alvarellos Editora).
- Obra teatral, de Manuel María (Casa-Museo Manuel María).
 
 
Libro mellor editado
 
- Galicia mártir, de Castelao (Editorial Galaxia).
- Man de Camelle, de Carmen Hermo (Kalandraka Editora).
- O puño e a letra, de Yolanda Castaño (Edicións Xerais de Galicia).
- Poesía mínima/Minimal Poetry, de Helena Villar Janeiro (Alvarellos Editora).
- Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora).
 

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
 
- Asesoría de Bibliotecas Escolares.
- Chan da Pólvora (libraría e editora).
- Kalandraka TV.
- Libraría BD (Vigo).
- Libraría Cartabón (Vigo).
- Salón do Libro de Pontevedra.
 
 
Proxecto literario na rede
 
- BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil.
- Brétemas, de Manuel Bragado.
- Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa.
- Kalandraka TV.
- ogalego.eu, por Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel.
 
 
Xornalismo cultural
 
- Daniel Salgado.
- Montse Dopico.
- Ramón Nicolás.
- Revista Luzes.
- Táboa redonda (Diario de Pontevedra e El Progreso).

Comentarios