Do 13 ao 15 de xuño na Coruña

O Galeusca editorial volve a Galiza

O encontro de editoras de Galiza, Catalunya e Euskadi regresa a Galiza. Entre a cuarta e a sexta feira desta semana, a Asociación Galega de Editoras (AGE) organiza o Galeusca editorial “coa finalidade de colaborar entre os gremios, comparir experiencias, estratexias e darlle visibilidade á edición nas linguas propias”.
 

fundación luís seoane
photo_camera A Fundación Luís Seoane da Coruña. Foto: cedida.

As xornadas serán na Fundación Luís Seoane da Coruña e distriburanse en cinco sesións de traballo e un “panel de experiencias editoriais en promoción da lectura”. Ademais, o mesmo 13 de xuño, cuarta feira, os participantes serán recibidos no Concello da Coruña e haberá -ás nove da noite, no auditorio da fundación- un pase do espectáculo de poesía escéncia Uralita, de Iria Pinheiro.

A Asociación de Editores en Lingua Vasca (Euskal Editoreen Elkartea), a Associació d'Editors en Llengua Catalana e a Associació d'Editors del País Valencià son as colaboradoras de AGE na organización dun Galeusca que acollerá, na propia sede do encontro, a exposición A igualdade de xénero no sector editorial galego.

A programación pode consultarse aquí: http://www.editorasgalegas.gal/galeusca-2018/

Comentarios