venres 03/12/21

Galaxia reedita tres clásicos de Xosé Neira Vilas

Os clásicos elixidos son Camiño bretemoso, Remuíño de Sombras e De cando Suso foi carteiro. As dúas primeiras falan da emigración galega, mentres que a terceira é unha homenaxe ao seu irmán -que exerceu de carteiro- desde o ámbito da literatura infantil.
Xosé Neira Vilas . (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)) #xosé-neira-vilas #escritor #memoriasdunnenolabrego #literaturagalega
Xosé Neira Vilas. (Foto: Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB))

A Editorial Galaxia e a Xunta anunciaron a reedición de tres obras clásicas de Xosé Neira Vilas que aluden a algúns dos grandes eixos temáticos que centraron a traxectoria do autor: a emigración, o rural e a infancia.

As publicacións seleccionadas neste proxecto de colaboración foron Camiño bretemoso, Remuíño de sombras e De cando Suso foi carteiro

As dúas primeiras, publicadas respectivamente en 1967 e 1973, viran ao redor do fenómeno da emigración galega, un aspecto central en toda a obra de Neira Vilas.

Camiño bretemoso transcorre a través dos recordos dun vello migrante ante un interlocutor que non intervén en ningún momento da obra, mentres que Remuíño de sombras aposta na polifonía de voces e de personaxes para trazar a historia da comunidade galega en Bos Aires.

A terceira das obras, De cando Suso foi carteiro (1988), representa á súa vez a peza máis diferenciada e única desta remesa de reedicións.

Neste caso, unha novela enmarcada no xénero da literatura infantil e xuvenil e unha homenaxe ao seu irmán Jesús Neira Vilas, que foi carteiro.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Unha obra viva

Estas novas edicións de obras dun dos autores chave da literatura do país foron presentadas de forma pública nesta terza feira, nun acto no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, quen apelou á coincidencia coa proximidade do VI aniversario do falecemento do escritor

"É un día feliz, que a obra de Pepe Neira teña unha nova vida é o eixo fundamental do noso traballo. Que perdure, siga vixente, en librarías e tendo lectores", destacou  Fernando Redondo.

Galaxia reedita tres clásicos de Xosé Neira Vilas
comentarios