Nace “Doutor Alveiros”, o selo editorial da Fundación Vicente Risco e Urco editora, que se presentou a sexta feira en Allariz. A colaboración entre ambas as entidades dá un paso máis para garantir unha saída ordenada e profesional a unha serie de traballos de interese común.
No marco da presentación do novo selo, a Fundación Vicente Risco e Urco editora presentaron a novela Transición, obra do escritor noiés Pablo Fernández Barba que gañou o XVI premio Vicente Risco de Creación Literaria.
A novela presentada xira arredor dunha investigación criminal fortuíta que reivindica a memoria. “Unha emenda á totalidade, disque exemplar, modelo político que nos trouxo a onde estamos. Unha denuncia furibunda ao xornalismo”, explican desde “Doutor Alveiros”.