A Fundación Vicente Risco e a editora Urco lanzan o selo “Doutor Alveiros”

O sistema literario galego acolle máis un selo editorial. Nesta ocasión, da man da Fundación Vicente Risco e da editora Urco, que lanzan “Doutor Alveiros”. Fano coa publicación da novela Transición, obra gañadora do XVI premio Vicente Risco.

Detalle da capa de "Transición"
photo_camera Detalle da capa de "Transición"

Nace “Doutor Alveiros”, o selo editorial da Fundación Vicente Risco e Urco editora, que se presentou a sexta feira en Allariz. A colaboración entre ambas as entidades dá un paso máis para garantir unha saída ordenada e profesional a unha serie de traballos de interese común.

No marco da presentación do novo selo, a Fundación Vicente Risco e Urco editora presentaron a novela Transición, obra do escritor noiés Pablo Fernández Barba que gañou o XVI premio Vicente Risco de Creación Literaria.

A novela presentada xira arredor dunha investigación criminal fortuíta que reivindica a memoria. “Unha emenda á totalidade, disque exemplar, modelo político que nos trouxo a onde estamos. Unha denuncia furibunda ao xornalismo”, explican desde “Doutor Alveiros”.

Comentarios