A Fundación Manuel María recupera as obras máis emblemáticas do escritor

Un catálogo para todas as idades e preferencias, completado cun amplo abano de recursos a disposición da comunidade escolar, para difundir obra e vida de Manuel María ás portas do ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas.

Manuel María
photo_camera Manuel María

Poucos escritores hai con capacidade para facer gozar coas súas creacións a leitores e leitoras de diferentes idades e xeracións. Manuel María era, é, un deles. Así, na súa amplisima obra hai relatos que son quen de encandilar a crianzas, versos que marabillan adolescentes (e non tan adolescentes) e unha escrita que segue a ser referencial e sedutora para moit@s.

Consciente do poder de convocatoria que mantén intecta a obra de Manuel María, así como das dificultades de atopar parte da mesma, a Fundación que leva o nome do Poeta Nacional, decidiu dar un paso adiante e facendo “un grande esforzo” vén de publicar algunhas das súas obras máis emblemáticas. E faino ás portas de 2016. ano no que o Día das Letras Galegas se lle adica ao de Outeiro de Rei. Aliás, tamén dispoñibilizará unha serie de recursos que se poñen a disposición do profesorado desde a web da Casa Museo.

Variedade

O catálogo procura “atender a todas as idades e preferencias”, explica a Fundación, con especial atención ao público escolar, mais non só. Hai obras como 'O bigode de Mimí', relato ilustrado por Xaquín Marín e especialmente centrado nas crianzas. Ou o xa mítico 'Os soños na gaiola', que inclñue un código para a descarga dun DVD con 12 poemas recitados polo propio Manuel María.

'Cando o mar foi polo río' ou 'A tribo ten catro ríos' son outras das obras neste catálogo,ambas as dúas dirixidas a leitores a partir dos 12 anos de idade. Non falta, claro, 'Terra Chá', un dos libros de referencia de Manuel María, unha obra emblemática. Tamén hai cabida para a prosa xornalística dod e Outeiro de Rei ('Memoria da Terra') ou para antoloxías poéticas ('A esencia máis nosa') ou correspondencia (con Otero Pedrayo).

Comentarios