Francisco Rodríguez analisa en profundidade os usos lingüísticos de Rosalía

O investigador da obra e a figura de Rosalía de Castro, Francisco Rodríguez, ofrécenos no artigo que hoxe publica Sermos Galiza unha análise do comportamento lingüístico de Rosalía de Castro no que defende que a autora “rachou coa diglosia cualitativa no terreo da arte, da literatura, da cultura”.

Rosalía de Castro
photo_camera Rosalía de Castro

Autor da primeira tese de doutoramento sobre Rosalía e do recente volume, editado pola Asociación Socio-pedagóxica galega (AS-PG),  Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), Francisco Rodríguez aborda neste artigo a relación da escritora e da muller coa nosa lingua, desde a súa actuación persoal á literaria. Destaca o autor o carácter “compacto e homoxéneo no uso do idioma” de Cantares Gallegos e Follas Novas e afirma que “a súa lingua materna, como ela a denomina nas “Dúas palabras da autora...”, era sen dúbida algunha o galego”.

“Rosalía rachou coa diglosia cualitativa no terreo da arte, da literatura, da cultura. Na concepción do que debían ser os usos lingüísticos sociais foi tamén algo máis que a expresión das tendencias e liñas dominantes no seu tempo, se ben a súa translación práctica necesitaba dun proxecto colectivo que non callou entón” afirma o investigador que analisa o comportamento de Rosalía inserido na situación lingüística do tempo que lle tocou vivir.  

Comentarios