Francisco Leiro: ollar os corpos

Francisco Leiro (Cambados, 1957) fálanos na entrevista en Sermos Galiza de como aborda esta etapa de confinamento, de como o corpo articula a súa linguaxe e de como a fraxilidade do corpo dá lugar a iso que chamamos arte.

sgLeiro

"No mundo de Leiro, a postura do corpo é a metáfora das ideas", escribiu Miguel Anxo Murado. A frase sírvelle a Manuel Xestoso como porta de entrada para entrevistar Francisco Leiro, un dos nomes chave da arte galega.

“A súa obra circula polos museos e galerías de todo o mundo, pero el permanece chantado no lugar de onde procede traballando a madeira e a pedra para dar conta da súa mirada sobre o mundo”, escribe Xestoso, que nesta conversa co cambadés falan de arte, de confinamento, da Galiza, de Nova York, da inspiración... e de moito máis.

"A pandemia colleuno traballando no taller de Cambados. Como enfronta este período de confinamento?

Non quero pecar de soberbio, pero a miña profesión baséase en estar confinado, no estudo, traballando, así que non me podo queixar. Boto de menos ir a un bar ou a un restaurante comer, pero máis ou menos sigo facendo a vida que fago todos os días.

Ou sexa, que até pode ser un momento produtivo.

Os artistas estamos recluídos, polo que é posíbel que haxa bos resultados a medio prazo. A cultura non é algo que requira unha atención constante, no sentido de estar permanentemente visitando exposicións ou museos. A cultura e a arte son un fluído que circula continuamente entre as persoas, e este é un bo momento para reflexionar sobre o que entendemos por cultura. Bastante dispersos andamos todo o ano: a soidade tamén axuda".

A entrevista completa podes lela no Sermos Galiza que este sábado se publica no Nós Diario.

capa SGboa

Comentarios