CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Forraje: Quince duchas de auga xeada

Forraje1
photo_camera Foto do grupo

Sempre é unha ledicia ter nas mans un novo disco de Forraje, mais neste caso a sensación é agridoce. A banda da Pobra do Caramiñal anuncia o seu adeus definitivo con este impecábel CD+DVD gravado en directo na Sala Caracol de Madrid o pasado 1 de novembro. Catro discos de estudo e este derradeiro disco antóllase demasiado pouco para 15 anos de carreira percorrendo estradas a golpe de rock. Eles mesmo recoñecen que lles gustaría dicir que é un punto e seguido, máis o único claro que teñen é que, rematada esta xira, a banda desfarase.

O disco reflicte perfectamente o espírito da banda. Son 17 temas de rock urbano nos que conta coa colaboración de Daniel Marco (ex Despistaos) en “Vendaval de Suspiros”; Vito Íñiguez (Sínkope) na versión de “Colgado de ti” dos míticos "Alarma"!!!; Fernando Madina (Reincidentes) en  “Buscando el cielo”, e por suposto, quen non podía faltar nesta festa de despedida da banda, cantando  “Dueña de mis resacas”, é Kutxi Romero (Marea), xa que foi en boa parte culpábel de que Maldito Records editara o seu primeiro disco “Estoy que muerdo” en 2003.

Se “Forraje” foi o seu primeiro single, “Forraje” é o disco que pecha o disco é o single elixido para por punto e final á carreira da banda. Agardemos que co tempo este punto e final troque nun punto e seguido. Namentres aínda queda unha oportunidade de os ver na súa xira de despedida, na que a primeira data confirmada na Galiza é o 20 de marzo na “Pousada das Ánimas” en Boiro. Namentres, saúde, Forraje e duchas xeadas.

    

Videoclip: Forraje – 

Listaxe de temas

1. Intro 
2. A Horcajadas 
3. Las Torres De Tus Lamentos 
4. Robar Tus Caricias 
5. Vivo 
6. De Todas, De Ti 
7. Arrebato 
8. Alarido 
9. Cuanta Gotera 
10. Vendaval De Suspiros Feat Daniel Marco
11. La Quiero A Morir 
12. Me Bebo Los Vientos 
13. Colgado De Ti 
14. Tú Sin Braguitas y Yo Sin Calzones 
15. Dueña De Mis Resacas 
16. Buscando El Cielo 
17. Puñales 
18. Forraje 

Forraje na rede

Web: http://www.forraje.com/
Facebook: https://www.facebook.com/Forraje
Twitter: @Forraje_Oficial

Comentarios