Fomento, de acordo con que Lavacolla pase a chamarse Aeroporto Rosalía de Castro

Así llo transmitiu o ministro a Feijóo, que fixera súa a proposta do concello de Compostela.

Lavacolla
photo_camera Interior do aeroporto compostelán

Foi o 19 de xaneiro o día en que por unanimidade o Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou unha declaración institucional en que se instaba o cambio de nome do aeroporto, da actual denominación para o nome Aeroporto Rosalía de Castro, Santiago-Lavacolla". 

A proposta foi moi ben acollida por todo o tecido asociativo e veciñal da cidade e hai unhas semanas, durante a súa visita a Fitur, en Madrid, recebeu o respaldo explícito de Feijóo, que en todo caso a condicionaba á luz verde da administración que ten a competencia sobre a aeródromo, isto é, o Ministerio de Fomento.

Esta terza feira o titular do ministerio, Íñigo de la Serna, comunicou a Feijóo que porá en marcha o procedimento administrativo -unha orde ministerial- para o cambio de nome. Sobre o asunto é preceptivo que se pronuncien tamén as autoridades internacionais en aviación civil.

Comentarios