Esta sexta feira no Teatro Colón da Coruña

Folk e pop acústico na final do certame de música infantil Quero Cantar

O folk tradicional dos Quinindiole, o pop acústico e de traballados xogos vocais de As Nenas da Vella e mais as catro voces con guitarra de pau de As Estrelas do Rock son os finalistas da segunda edición de Quero Cantar, certame de música infantil e xuvenil. Nesta segunda categoría, a banda finalista é Máis boas cás patacas, de novo pop melódico de contido feminista.
 

A banda Máis boas cás patacas Foto. cedida
photo_camera A banda Máis boas cás patacas. Foto: cedida

A Gala Final do concurso, organizado pola Deputación da Coruña, será esta sexta feira, 20 de outubro, ás seis da tarde no Teatro Colón da Coruña. Ademais dos proxectos que acadaron a última fase, actuará como banda invitada Mamá Cabra, clásicos da música para crianzas, e presentará a actriz Sole Felloza. A entrada é de balde.

Os premios de Quero Cantar consisten na gravación de un videoclip e na adquisición de material musical e de equipamento para os finalistas. As concursantes que ficaran na fase previa obterán, con todo, a gravación dunha canción e a súa edición nun compilatorio do certame.

Comentarios