Fisterra blues experience, definitivamente máis que un festival

É o prato forte desta fin de semana na Galiza. Bandas galegas e nomes destacados da cena internacional compoñen o cartaz dun evento imperdíbel.

corey harris
photo_camera Corey Harris

Venres en Sansa

San Sadurniño

Sexta feira

19.00-22.00

Mocidade programa unha nova edición dos “Venres en Sansa”, un conxunto de propostas de lecer alternativo deseñadas para a mocidade de entre 12 e 35 anos. Nesta cuarta edición o programa inclúe tirolesa nos xardíns municipais, ruta de sendeirismo nocturno, obradoiro de educación canina, obradoiro de cociña creativa e unha batalla de paintball ao pé do Xubia. As actividades desenvolveranse os días 15 de xuño, 14 de setembro e 12 de outubro.

 

VooDoo nos Seráns en Feixóo

Compostela

Praza de Feixoo

Sexta feira

21.00

Armonías do Soul e R&B acompañadas de letras chegadas da música tradicional galega, coa voz e piano de Belém Tajes e o baixo de Marithinha.

 

Fisterra Blues Experience

Fisterra

Diversos espazos

Toda a fin de semana

Cruceiros de blues, obradoiros e jam sessions por toda a vila converten Fisterra no epicentro do blues. Unha cita internacional que reunirá entre o 15 e o 17 de xuño artistas da escena galega, estatal e internacional, na que a natureza, o patrimonio e a gastronomía se funde ca música de raíces. Como cabeza de cartel contarán con Corey Harris desde os EE.UU, a banda catalá Wax&Boogie e os galegos The Lákazans que presentarán o seu novo traballo.

 

Surfing the Lérez Festival

Pontevedra

Illa do Covo

Sábado

A Illa das Esculturas acolle a oitava edición da romaría solidaria do rock&roll Surfing The Lérez con diversas actuacións musicais e mais actividades paralelas.

 

Festa V Aniversario Pró-Escola Semenete

O Calvario, Cabral (Vigo)

Local Social Faísca

Sábado

12.00

As actividades inclúen olimpíadas solidarias, sesión de regueifas con Silvinha e Esther das Luras, xantar solidario e contubérnio tavernário con Leo e Arremecághona.

 

Concerto pola liberdade de expressom

Compostela

Gentalha do Pichel

Sábado

22.00

Organizado por Mar de Lumes para fechar as actividades do #5anosMarDeLumes, contarán con F.R.A.C. (Fundación de Raperos Atípicos de Cádiz) e Puto Coro do Exército Froilanista.

 

VII Encontro Musical en Oza

Oza

O Corgo

Domingo

17.30

Xebre, Aturuxo e Donaire serán as agrupacións musicais que actúen nesta sétima edición do Encontro Musical en Oza.

XI Folk in Río

Touro

Praza do concello

Domingo

12.00

Organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla, o programa inclúe cantos de taberna, Feira de Artesanía, Festival Infantil con Paco Nogueiras, e os grupos Carapaus, Ardentia e Tiruleque.

 

Comentarios