mércores 26/01/22

O FIOT de Carballo consolídase como escaparate de novidades escénicas con trinta espectáculos

Trinta espectáculos, medio cento de actividades, un mes de programación e un cento de artistas son os principais números do Festival Internacional Outono de Teatro que do 3 de outubro ao 3 de novembro converterá a Carballo no escaparate das principais novidades escénicas da tempada. 

eurozone
eurozone

Alcanza p FIOT a súa 22 edicións converténdose, ano a ano, en referencia do panorama escénico contemporáneo. Desta volta, a Asociación Cultural Telón e o Concello de Carballo, organizadores do evento, ofrecen un programa artellado en tres propostas, o Programa de Sala, o Ciclo Otni e a Rúa dos Contos. 

A compañía catalá Titzina Teatre estreará o seu espectáculo “Distancia sete minutos” ademais doutras cinco estreas que subirán ao escenario diante do público galego por vez primeira en Carballo. La Abadía ou Ron Lalá son outras das compañías de referencia no panorama estatal que estarán presentes no FIOT. 

“Eurozone” de Chévere e a nova compañía Triateiros integrarán tamén un programa que non esquece a homenaxe a Roberto Vidal Bolaño coa presenza de Teatro do Aquí, a compañía que el fundou. O espectáculo de rúa do arxentino Ale Risorio, e o chileno Las cosas también tienen mamá, segunda obra da compañía La Mona Ilustre traerán dúas propostas latinoamericanas ao Festival. 

No Ciclo Otni dedicado ao teatro contemporáneo, o Festival de Carballo participa na coprodución de Symon Pédicri, obra do creador galego afincado en Barcelona Diego Anido que chega en parcería cos festivais TNT/CAET-Centre d’arts escèniques de Terrasa e ALT Vigo.

Contos no Mercado 

A Rúa dos Contos trasládase ao Mercado de Abastos na súa XV edición para ofrecer unha Ultranoite do Grupo Chévere alén das 13 funcións en bares e cafeterías nas que se haberá desde narración oral, até títeres, maxia, cabaret ou regueifa. 

Como tema xeral do FIOT, e aproveitando o número 22 da presente edición, revísase as igualdades, diferencias e a diversidade, afondando no seu compromiso con temas de carácter social 

Crianzas en horario nocturno

Para 25 crianzas de entre 6 e 12 anos, idéase a actividade “Unha noite de farándula”, un campamento no que poderán coñecer os segredos do teatro en horario nocturno. Xuntarase esta nova iniciativa ao programa de actividades paralelas do FIOT no que tamén se recollen propostas para públicos de pequenas idades. O programa completo pódese consultar aquí. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O FIOT de Carballo consolídase como escaparate de novidades escénicas con trinta...
comentarios