Crítica de rock e outras lerias

Finou Elvis hai 40 anos?

Elvis_Presley_Jailhouse_Rock

O 16 de agosto de 1977 saltaba a noticia. Elvis Presley, o rei do rock, finara ás 3:30 p.m. por un infarto de miocardio aos 42 anos e idade. Pouco despois faríase público que no seu corpo atoparan 14 tipos distintos de drogas, o que foi a causa da súa morte. Mais unha figura coma a de Elvis non podía morrer. Ademais do shock que provocou nos seus fans, os ataques de histeria, choros e as longas colas na súa morada de Graceland nunha grandiosa vixilia, tamén xurdiron numerosas teorías que din que Elvis non morreu aquel 16 de agosto de 1977 se non que segue vivo e que finxiu a súa morte para afastarse do mundo da fama e limparse das drogas que tanto o atormentaban.

De todos es sabido que o ser humano varia de peso ao longo do día, pero no caso de Elvis parece que a natureza era algo radical neste tema. Elvis, xa non se coidaba tanto e engordou notablemente, de feito o seu peso era de 113 quilogramos. Até aquí todo ben, até que chega o certificado de defunción no que o peso de Elvis  é de 77 quilogramos. De xeito estraño, o certificado de defunción orixinal de Elvis, desapareceu, cousa que non parece moi normal tratándose dunha celebridade de este calibre. Se foran poucas as sospeitas,  non se deixou fotografar o cadáver e a única foto que hai, vendida por 18.000$ ao National Equirer por un curmán de Elvis. Esta foto, que moitos di que é unha montaxe, a moitos nos parece unha foto de un Elvis moito máis novo e menos estragado do que estaba, o que suma a polémica dunhas mans que parecía máis propias dun boneco que de un humano e unhas cellas nunha estraña forma que nada tiñan que ver coas de Elvis.

Hoxe en día, parecería case imposíbel que o nome dunha celebridade aparecera mal escrita na súa lápida. No caso de Elvis, non é así. O seu nome completo era Elvis Aron Presley,  e así aparece na súa partida de nacemento e nos seus documentos, mais na súa lápida o seu segundo nome parece como Elvis Aaron Presley.  Esta dupla A no segundo nome, é interpretado polos teóricos da conspiración como un sinal de que Elvis  non está soterrado aí. Resulta curioso, que hoxe en día, a maioría de documentos e entradas encol Elvis, apareza o seu segundo nome de xeito incorrecto, como se quixeran facernos mirar para outro lado e non reparáramos no nome erróneo da tumba.

Pode que, como conta o seu pai, Elvis falaba de mudar a escrita do seu nome pero nunca chegara a facelo, por iso na tumba escribiuno dese xeito. Agora ben, se quería cumprir os desexos de Elvis, por que non fixo o que máis lle importaba ao Rei? . A devoción que Elvis tiña pola súa nai, era de todos coñecida. De feito hai que aseguraba que tiña unha dependencia patolóxica. Fora certo ou no, Elvis tiña como desexo ser enterrado xunto a súa nai, mais isto non se cumpriu en absoluto, o que leva de novo a pensar que non é Elvis  quen está enterrado alá. De feito maior teoría que hai sobre o intento de profanación da tumba de Elvis por uns home armados, é que foi argallado polo seu pai para poder trasladar os restos mortais do cantante.

Pero isto non pasaría de ser pura conspiración até que chegamos ao tema económico. Sabemos que Elvis  segue sendo hoxe en día unha máquina de xerar beneficios, e que de non ser así ficaría no esquecemento. O tema financeiro é outra das patas que alimentan a teoría da falsa morte de Elvis, xa que  poucas semanas antes da súa morte, Elvis  fixo un traspaso de un millón de dólares a un destino descoñecido. Vale que isto non se pode soster para dicir que foron cartos para súa nova vida, pero a segunda anomalía relacionada cos cartos, é que a día de hoxe ninguén cobrou o seguro de vida Elvis,  que é moi suculento. Cal é o motivo? O único que se me ocorre é un motivo legal, xa que nos Estados Unidos é legal finxir a túa propia morte, pero é ilegal cobrar o seguro de vida tras unha morte finxida. Velaí o motivo polo que se cree que a morte non foi tal.

Todos os que somos fans de Elvis temos unha teoría sobre a súa morte e eu non ía ser menos, aínda que, como todas as teorías da conspiración, pode parecer excesivamente increíbel para ser certa, o que non quita que o sexa. Para min Elvis morreu durante a súa estadía no exército. Trala more da súa nai, á que estaba totalmente unido, Elvis sumiuse nunha grande depresión que non foi quen de superar e acabou coa súa vida.  Como unha icona para o imperio non podía desaparecer dese xeito e, moito menos servindo ao seu país, buscaron unha solución que non era outra que a de atopar ao seu irmán xemelgo e que ocupara o seu lugar. Jesse Garon, o irmán xemelgo de Elvis naceu morto, ou alomenos esa era a teoría oficial. A familia Presley, era unha familia excesivamente pobre que, se case non tiñan para comer, moito menos para alimentar dúas bocas, polo que se desfixeron de un dos pequenos a cambio dunha suma económica. Atoparon a Jesse Garon Presley , e aceitou suplantar ao seu irmán. Dende aquel momento, o estilo de Elvis  variou, tanto vocal como estilisticamente, deixando dun lado o rock e apostando máis polas baladas, xa que Jesse non sabería cantar rock nin tampouco lle gustaba. O propio Elvis dicía que mantiña conversas co seu irmán e que mesmo que as veces o acompañaba. De aí que o verdadeiro Elvis este enterrado xunto a súa nai e na tumba de Graceland probablemente tampouco estea Jesse, xa que finxiu a súa propia morte.

Todas estas teorías, xunto coas diversas supostas aparición de Elvis, non fan máis que alimentar a fama de un dos cantantes que fixo que o rock sexa o que é. Independentemente das mil e unha teorías sobre a súa morte, o certo é que Elvis  hoxe en día segue vivo a través das súas cancións que  vivirán ao longo do tempo e seu nome estará marcado con letra de ouro na historia do rock and roll. Aquel que é eterno non pode morrer, por iso Elvis  vive.

Comentarios