Finou Benxamín Casal, presidente de Galaxia

Faleceu en Lugo, a cidade que o veu nacer un 12 de xaneiro de 1935 a este galeguista cun amplo compromiso cultural e social. Enxeñeiro agrónomo e economista, era actualmente o presidente de Galaxia

 

Benxamin Casal
photo_camera Benxamin Casal

Finou Benxamín Casal, lucense da xeración do 35. Actualmente presidía a editorial Galaxia. Casal era un galeguista cunha ampla traxectoria social e cultural. Foi deputado no Parlamento galego e dirixiu a Gran Enciclopedia Galega, aliás de publicar numerosos traballos e estudos sobre o mundo rural, que tan ben coñecía.

Comentarios