Axenda

Fin de semana, de todo un pouco

Foliada en Anguieiros

Feira de San Martiño

Teo, do 9 ao 11 de novembro

A Carballeira de Francos, en Teo, festexa a súa Feira do San Martiño. O sábado haberá obradoiros e mostra de salto cabalar, ademais da celebración no Auditorio Constante Liste, na Ramallosa, do evento LG x 15. O domingo, cantos de taberna, feira cabalar, concerto e mostras de artesáns. Fecha na segunda feira con exposicións de fotos de Moncho Rivadulla e a compañía Barriga Verde.

Auga

Allariz, 7 de novembro

A casa de Cultura de Allariz acolle a exposición fotográfica «Auga. O sangue da terra», de Manuel Valcárcel. A mostra pon o foco na relación entre ser humano e auga, mediante un conxunto de fotografías realizadas nos cinco continentes co obxectivo de valorar a importancia que ten a auga, a súa presenza e ausencia. A presentación será na quinta feira, 7 de novembro, na Casa da Cultura.

Gala Cantos de Taberna

Pontevedra 8.11.2019

Teatro Principal

21 Horas

Maravallada crea esta gala para recoñecer aquelas persoas ou entidades que, polo seu labor, engrandeceron a música popular galega.

Narración Oral.

Fundaçom Artábria

Ferrol. 8.11.2019

22 Horas

Unha contada a tres voces entre Dani Blanco, Ángeles Goás e Carmen Conde, historias de xente común e carencia ou aplicación do menos común dos sentidos.

Foliadas Abertas.

A Gentalha. Compostela. 21: horas

26.10.2019

Volven as foliadas abertas que fai a Gentalha do Pichel. Serán a segunda sexta feira de cada mes até abril de 2020, para tocar e bailar a eito.

Cociña Vegana.

L de Lamas. San Sadurniño. 17 horas. 

9.11.2019

Dentro do programa ‘Tempos para compartir’, lévase a cabo este obradoiro de introdución á cociña vegana para descubrir en que consiste.

25 anos de Cantodorxo.

Praza do Corgo. O Grove. 

9.11.2019

O festival conmemora os 25 anos da AC Cantodorxo, coa participación de diversas escolas de danza e grupos de música tradicional.

Magosto Serantes

AAVV de Serantes. Serantes. 20 horas.

9.11.2019

Ademais de castañas asadas e bolos preñados, neste magosto contarán coas actuacións musicais de Berros do Castro e Cantareiras de Esmelle.

Senda Nova.

Casa do Concello. A Laracha 

10.11.2019

Trátase dun sinxelo itinerario a cabalo entre a montaña e os fértiles vales das parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces.

Comentarios