Que facer?

Fin de semana teatreira 

Comedias, traxicomedias, contacontos, monicreques e algún que outro festival alternativo para esta fin de semana

Noiteboa. Compañía Redrum Teatro
photo_camera Un momento da función

Sexta Feira

Listo para sentenza

Pontevedra

Teatro Principal

23.45h

Un dos empresarios máis rico e admirado do mundo está envolto nun caso de corrupción. Triatreiros-Grupo de Teatro propón con esta peza unha comedia sarcástica.

Noiteboa

Vigo

Agadic

21.00h

Unha traxicomedia da compañía compostelá Redrum Teatro, protagonizada pola actriz Mela Casal (Mariví) e os actores Ernesto Chao (Arturo) e Guillermo Carbajo (Nico). 

Microfestival Cortapega

Santiago de Compostela

Sede SGAE

21.30

Microfestival de música electrónica, coas actuacións de artistas do panorama galego e internacional, como Pálida, Pantis, Sunny Graves, BassBoss e unha afterparty a cargo de Diskoan no Lusco Fusco.

Sábado

XIII Feira Ecolóxica 

Arzúa

26-27.11.2016

11.00h

Nova edición da feira ecolóxica con produtores de queixo, mel, herbas medicinais, viño, aceite, produtos da horta e postos de artesanía. Ademais realizarán rutas guiadas pola vila de Arzúa, charlas sobre agricultura, alimentación e TTIP, e música ao vivo con grupos como A Requinta de Xián e Radio Cos (sexta feira), Banda de Arzúa e Caxade (sábado). 

A nena que quería navegar

Lalín

Salón Teatro

19.00h

Espectáculo familiar de Redrum sobre o acoso escolar, con contos, adiviñanzas, xogos e cancións. Destinada ao público entre 6 e 12 anos. 

Festivala, mulleres creando

Vilagarcía de Arousa 

Fexdega 

12.00h

Festival organizado e protagonizado por mulleres a prol da igualdade, con actividades, concertos, teatro, recitais, obradoiros e feira. 

Con-sentidiños

A Coruña

Museo de Belas Artes

11.30h

Un lúdico percorrido polos cinco sentidos na procura da sensibilización e pola integración das persoas con diversidade funcional. 

Domingo

Exposición Xisela Franco

Vigo 

MARCO

Até 08.01.2017

Interior, exterior, durante. Trátase dunha mostra sobre as mudanzas no cinema e na arte contemporánea a través da contemplación do tempo. 

D.E.P Teatro

San Sadurniño

Casa da Cultura

19.00h

Malasombra Teatro presenta esta comedia cargada de humor, onde a repartición dunha herdanza mostrará o egoísmo e a mentira que existe entre irmáns. 

Teatro do Morcego

Ponteareas

Auditorio Reveriano Soutullo

18.00h

Teatro do Morcego propón unha nova actualización do pícaro de Tormes, encarando o clásico drama con humor e achegando un paralelismo moderno.

Tita

Ourense 

Sala Azul do Auditorio Municipal

12.00h

Espectáculo de monicreques que versa sobre a intelixencia emocional, para que o público aprenda de forma lúdica a distinguir as emocións. 

Comentarios