Que facer?

A fin de semana do Castañazo Rock e do Outubrofest

En días de samaín, a axenda ten citas a considerar moi seriamente en Chantada (o Castañazo Rock) e en Pontevedra (a festa gastronómica Outubrofest). Mais a cousa non fica aí. Eis tendes as propostas para encher o voso tempo de lecer para esta finde.

dakidarria
photo_camera Dakidarria, un dos grupos que tocará no Castañazo.

XVI Castañazo Rock

Chantada

Sexta feira e sábado

Música, gastronomía e tradición para a XVI edición do Castañazo Rock, organizada pola Asociación Cultural O Castañazo. O festival, que se realiza en Chantada o 2 e o 3 de novembro, contará con grupos como Talco, Desakato, Zoo, Boikot ou Dakidarría; ademais do Castañazo Infantil, Cantos da Taberna pola vila e os Xogos Bravús e un Magosto.

 

Espectáculo de voz cantada e narrada

Compostela

Unitaria

Sexta feira

21.00h

Por unha Peseta é o primeiro traballo da compañía de nova creación Apatacón, da man da vocalista Faia Díaz e a contadora Vero Rilo.

Dhogs

Cangas

Auditorio Municipal

Sexta feira

21.00h

Proxección audiovisual de Dhogs, de Andrés Goteira, filme definido como unha insólita xoia do cinema fantástico e vangardista galego.

 

Samaín en Naraío

Naraío

San Sadurniño

Sábado

18.00h

Comezan cun obradoiro de maquillaxe, exposición de cabazas e melóns do Samaín, procesión teatralizada, degustación de castañas e papas de millo, e repichoca popular.

 

O serán desta aldea: O Ceo

Mondariz

Barrio do Ceo

Sábado

Mondariz acolle esta Xornada do Baile Comunal, o domingo 4 de novembro, un evento que cada ano se centra nunha aldea para homenaxear as súas tocadoras e reivindicar estas mestras da música tradicional. Este ano será no barrio do Ceo, para Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas. Tamén contarán con obradoiros impartidos por Felisa Segade e Montse Rivera (Leilía) e parladoiro coa etnomusicóloga Xulia Feixoo sobre novos contextos para o baile comunal.

 

Contos de medo que deixan durmir

Compostela

Praza Roxa

Sábado

18.00h

Unha sesión infantil de narración oral, a cargo de Caxoto Contacontos, para remoer o espírito dos Defuntos e a maxia do Samaín.

 

12 doces do Outono

Compostela

Centro Cívico de Santa Marta

Domingo

12.30h

Tanxarina Títeres adapta o clásico de Carlos Casares, A Galiña Azul, para achegar aos 12Doces un espectáculo que versa sobre solidariedade e diversidade.

 

Outubrofest

Pontevedra

Praza do Teucro

Até o domingo

Décima edición desta festa gastronómica organizada polo Pontevedra Rugby Club, unha xornada para toda a familia na que se poderán degustar cervexas, salchichas e codillo, a prezos populares.

 

Cos pés na terra

Lugo

Capela de Santa María

Até 25 de novembro

A exposición Zoqueiros e galocheiros na provincia de Lugo pretende recuperar parte da historia deste oficio. A mostra inclúe pezas do traballo e presenta algúns dos últimos artesáns.

 

Comentarios