Que facer?

Unha fin de semana entre contos, teatro e a evocación de Alfredo Brañas

branhas
photo_camera Alfredo Brañas retratado por José María Fenollera [foto: Galipedia]

160 aniversario do nacemento de Alfredo Brañas

Carballo

Sexta feira

18.30 horas

O Padroado Alfredo Brañas, coa colaboración do Concello de Carballo, ten programado para o día 11 de xaneiro, a partir das 18.30h, diversos actos que celebran esta efeméride. O programa inclúe a conferencia "Alfredo Brañas, unha memoria viva" no Casino de Carballo con Adriana Hurtado de Mendoza, presidenta do Padroado; Víctor Fernández Freixanes, presidente da RAG; José Ramón Barreiro Fernández, ex presidente da RAG e historiador, e Xan Fraga Rodríguez, historiador carballés.

 

Raposadas

Pontevedra

Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Sexta feira

18.00h

Tradición oral, colleitas populares de animais, con obxectos e monicreques forman parte deste novo espectáculo de Raquel Queizás para todas as crianzas.

 

Cinco parrulos. Signame! Contos en lingua de signos

Lugo

Biblioteca Pública de Lugo

Sexta feira

18.00h

Cinco parrulos. Signame! Son unha manchea de contos en lingua de signos e un taller de aprendizaxe que van das mans de Ruth Estévez e Fátima Fernández.

 

Algueirada das sextas-feiras

Compostela

CS O Pichel

Sexta feira

20.00

Nesta segunda sexta-feira do mes chega a terceira foliada aberta na Gentalha do Pichel, de entrada libre, leva instrumento!

 

Contando coa ciencia

Vigo

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Sábado

12.00h

Beatriz Iglesias é quen de explicar a ciencia do día a día, da casa, das cores ou das texturas, mediante os contos para crianzas a partir de catro anos.

 

Sonoro Empeño

A Coruña

Sede Afundación

Sábado

12.00h

A sede Afundación, na Coruña, acolle este sábado 12 de xaneiro ás 12.00h unha performance na exposición Sonoro Empeño da man do grupo de música IgualArte, composto por membros da Fundación homónima. Coa música tradicional galega como fonte principal, con instrumentos como a zanfona, o pito galego ou o acordeón, achegan unha fusión de harmonías e ritmos experimentais.

 

Vestindo e desvestindo contos

A Coruña

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Sábado

12.00h

Cris de Caldas propón contos que desfilan a través da roupa que nos identifica, da roupa de abaixo, da roupa de garda, e mesmo do calzado.

 

Baobab teatro

Cedeira

Auditorio Municipal

Sábado

19.00h

Baobab teatro propón con Luppo un espectáculo dirixido a crianzas que fala do ciclo da vida, cargado de sentimentos e emocións.

 

Celebración

Narón

Pazo da Cultura

Sábado

20.00h

O máis recente espectáculo teatral da compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado.

Comentarios