Fin de semana, para todas

[Imaxe: M.O.] Ledicia Costas
photo_camera [Imaxe: M.O.] Ledicia Costas

De gastronomía

San Sadurniño

Antiga escola de Silvalonga / Local social de Bardaos

6-7.12.2019

A gastronomía será a protagonista principal durante esta fin de semana en San Sadurniño con dúas citas. A primeira delas, na sexta feira e no marco do ConcienciArte, trátase dun obradoiro de repostería de Nadal, manteigados, polvoróns e turróns de diferente tipo. A segunda cita, o sábado, xa en Bardaos, é a VIII Festa da Chanfaina en Bardaos, un prato típico e contundente que alí preparan cos mellores ingredientes.

Pucho Boedo: Un crooner na fin do mundo

Carballo

Casino 1889

7.12.2019

19 horas

O Galidoc do Casino pon o ramo á súa primeira edición, organizada polo Casino 1889, coa proxección do documental de Xurxo Souto "Pucho Boedo: Un crooner na fin do mundo", co que se pretende afondar na figura e a traxectoria musical deste gran artista coruñés, considerado todo un mito da música galega. A proxección contará ademais cun faladoiro co director do documental, Xurxo Souto, e será o sábado 7 de decembro, no Casino 1889, ás 19 horas.

Tempo de Nadal

Pontevedra

Diversos espazos

6.12.2019

Pontevédrate!

Dan comezo as actividades de Nadal, que se prolongan até o 12 de xaneiro, con obradoiros, concertos, cine ou feiras de artesanía, entre outras.

Presentación Longa noite

Compostela

Numax

6.10.2019

20 horas

Presentación, coloquio e estrea de «Longa noite» con Eloy Enciso e boa parte da equipa técnica e artística deste laureado filme.

Estouciñando

Visantoña

Santiso

6.12.2019

19.30 horas

Ciclo de músicas, obradoiros e regueifa tradicional con Xisco, Alba María e Lupe Blanco. E ao remate foliada aberta.

Teatro

Malpica

Auditorio do Centro Cívico

6.12.2019

20.30 horas

Remata a XV Mostra de Teatro de Malpica con A nena e o grilo máis aló, de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos.

Comedia

O Barco de Valdeorras

Teatro Lauro Olmo

7.12.2019

20 horas

Elefante Elegante presenta O rueiro das liortas, unha proposta de comedia da arte italiana e no teatro popular destinada a todos os públicos.

Faladoiro

Vigo

Marco

10.12.2019

18 horas

O último faladoiro sobre violencia machista na narrativa galega contará coa participación de María Reimóndez, Eli Ríos e Ledicia Costas.

Exposición

Ferrol

Ateneo Ferrolán

Àté 27.12.2019

Vén de inaugurarse a mostra pictórica ‘Personaxes’, de Carmen Calvo, obras con forza que definen a independencia e anarquismo da súa autora.

Comentarios