Oito filmes de produtoras galegas poderían chegar aos Goya

As candidaturas definitivas a levar os premios daránse a coñecer o próximo 11 de xaneiro. As películas compiten por entrar en calquera das categorías destes galardóns.
Un instante da gala dos Goya deste ano. (Foto: María José López / Europa Press)
photo_camera Un instante da gala dos Goya deste ano. (Foto: María José López / Europa Press)

Oito películas producidas por empresas integradas na Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) compiten este ano por entrar na listaxe de nominados dos Premios Goya. As nominacións daranse a coñecer despois das festas de Nadal.

Nas últimas xornadas as e os académicos do cinema do Estado español están facendo as súas votacións para elixir as candidaturas nas diferentes categorías que inclúen os premios Goya do audiovisual.

Malia que haberá que agardar até o 11 de xaneiro para saber se algún filme galego entra na recta final, esta sexta feira comunicouse que nas quinielas hai até oito películas que sacaron adiante produtoras independentes do país.

No groso que están a valorar as e os expertos do sector atópanse títulos como A media voz, de Matriuska Producciones; Arima saída do prelo de Esnatu Zinema e El viaje de Javier Herauld, creada por Tamboura Films.

Tamén poderían chegar até a gala final La isla de las mentiras, de Agallas Films; Lúa vermella de Zeitum Films e Amanita Studio e María Solinha, producida por Vía Láctea Filmes e a TVG.

Non hai unha única competencia na que se enfronten todos os proxectos.

Agapi adiantou hoxe que poderían estar entre as finalistas en mellor película, mellor dirección, actos e actriz revelación, deseño de vestiario, dirección de fotografía ou son, entre outras.

Comentarios