O filme galego-uruguaio 'Migas de Pan' representará o país latinoamericano nos Oscar 

A película, realizada por RCI Producciones e a coruñesa Xamalú Filmes, loitará polo premio a mellor cinta de fala non inglesa. Parte das localizacións foron rodadas na Coruña, Betanzos, Cambre, Sada, Cedeira, Valdoviño e Oleiros no verán de 2015.

Escena de Migas de Pan (Foto: Xamalú Filmes)
photo_camera Escena de Migas de Pan (Foto: Xamalú Filmes)

O filme galego-uruguaio Migas de Pan representará o país latinoamericano nos premios Oscar na categoría de mellor cinta de fala non inglesa. Así o vén de anunciar o Instituto do Cine e Audiovisual de Uruguai (ICAU), que elixiu a película realizada pola produtora RCI Producciones e a coruñesa Xamalú Filmes entre as catro preseleccionadas inicialmente. 

Conta a historia da fotógrafa de Liliana Pereira, interpreta pola actriz Cecilia Roth, que vive exiliada na Galiza e decide regresar o seu país cando descobre que foi avoa. A cinta está dirixida pola uruguaia Manane Rodríguez, coautora do guión xunta o ourensán Xavier Bermúdez, cun reparto de máis de cen intérpretes galegos e uruguaios. Parte das localizacións foron rodadas na Coruña, Betanzos, Cambre, Sada, Cedeira, Valdoviño e Oleiros no verán de 2015

Migas de Pan fai dialogar o pasado e o presente. O relato do pasado transcorre entre 1975 e 1982. Conta o secuestro da protagonista, situacións de tortura e a súa reclusión en Punta Rieles. No presente, a protagonista enfróntase o dilema de elixir entre a concordia co seu fillo e a denuncia colectiva que prepara un grupo de antigas compañeiras de presidio”, explica a ICAU no seu veredicto.

O papel esixía, dada a importancia do que ía contar, encontrar unha liña estética acorde, lonxe de calquera forma de estereotipo, paternalismo ou compracencia. As imaxes de Migas de Pan debían ser xustas, sen artificios, sen morbo, sen adornos”, explicou Cecilia Roth.

Comentarios