O filme sobre 'A Esmorga' que non foi

Rescate do guión inédito de Eloy Lozano
Eloy Lozano - Gui+¦n A Esmorga (Obxecto)
photo_camera O guión inédito sobre 'A Esmorga' de Aloy Lozano. Imaxe: Alejandro Caporale.

Era un tempo de reconstrución. A ditadura franquista  agoniaba entre as súas propias contradicións e a acción das forzas democráticas aínda clandestinas. A cultura galega, perseguida durante décadas, iniciaba a súa demorada e non exenta de dificultades saída á luz. Por primeira vez desde os tímidos intentos da etapa republicana falábase en voz alta sobre a necesidade dun cinema galego, dun cinema na Galiza, dun cinema en galego. Foi á calor destes debates, decote artellados arredor da Semana de Cinema de Ourense, que naceu o primeiro e fanado intento de levar A Esmorga ás pantallas. O daquela cineasta amador Eloy Lozano (Ourense, 1953-Compostela, 2009), autor da mítica versión en 35 mm de Retorno a Tagen Ata (1974), foi o impulsor.


Á súa man pertence o guión sobre a novela de Eduardo Blanco Amor, redactado entre 1975 e 1976 e cuxa única copia coñecida se atopa na biblioteca persoal do avogado e membro do consello de administración de Nós Diario Nemésio Barxa. Vén de rescatala para un artigo da revista acdémica Quintana o investigador Iván Villarmea. "Sempre me interesou a figura de Lozano", explica Villarmea a este xornal, "apaixonábame o seu papel na recuperación d'O carro e o home (1940) [o filme documental de Antonio Román e Xaquín Lorenzo]. En todas partes se mencionaba da existencia do seu guión d'A Esmorga, pero non aparecía por ningures". Unha referencia casual levouno a contactar con Barxa, que conserva o mecanocristo.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios