Un filme sobre soidade e cinefilia, premio á mellor longametraxe no Novos Cinemas

‘Ne croyez surtout pas que je hurle’, de Frank Beauvais, foi a elixida polo xurado nesta categoría. O premio do Público foi para ‘Bait’ e Carlos Conceiçao recibe o da mellor dirección por ‘Serpentàrio’.

 

Ne croyez surtout pas que je hurle’
photo_camera 'Ne croyez surtout pas que je hurle’

Ne croyez surtout pas que je hurle, de Frank Beauvais, recibiu  o premio á mellor longametraxe da sección oficial na Edición 04 de Novos Cinemas. O xurado (formado por Lucero Garzón, Misha Bies Golas e Carlos Reviriego) decantouse polo que considera unha “honesta posta en abismo dunha depresión persoal contada a través dun abraiante caudal de cine-tolemia, que adquire un senso universal do que é improbable saír incólume”.

O Xurado Novo desta eeición, formado por Daniel Arana, Miriam Caminero, Sara López, Carmen María Pastoriza e Lara Castro, outorgaron o Premio á mellor dirección da sección oficial a Carlos Conceiçao por Serpentàrio. Ademais, tamén concederon unha mención a Mark Jenkin, por Bait. Este filme, Bait, levou o premio do Público.

De por parte, o xurado da Crítica ( Alberto Lechuga, Carlota Moseguí e Daniel de Partearroyo), concederon o Premio do xurado da crítica a Las Facultades, de Eloisa Solaas,.

O Xurado de Latexo (formado por Manuel Asín, Ramiro Ledo e Albert Triviño), despois do visionado dos filmes a concurso e a deliberación, outorgan o Premio Latexos a ‘¡De los nombres de las cabras¡, de Silvia Navarro e Miguel Morales.

Comentarios