A figura de Rosalía interesa ao audiovisual

Tras cinco edicións e a poucos días de entregar os dous premios desta nova convocatoria, “Curtas para Rosalía” o certame organizado pola AS-PG consolídase e demostra que a figura de Rosalía interesa á creación audiovisual. 

rosalía

Nacía hai cinco anos cando se conmemoraba o 125 aniversario da morte da escritora como certame de creación audiovisual arredor da figura e obra de Rosalía de Castro. O suceso da convocatoria levou a AS-PG a consolidar o premio mais abrindo os seus contidos á literatura galega en xeral xa desde a súa segunda edición mais, mesmo así, Rosalía continúa a ser a verdadeira protagonista do certame no que foron admitidos 19 curtas nesta V edición. 

Dos traballos presentados, un xurado formado pola actriz Isabel Naveira, o programador do CGAI e crítico de cine, Xosé Manuel Sande e o director e guionista Raúl Veiga e coordinado por Anxa G. Refoxo en nome da AS-PG escollerá esta terza feira as tres curtas finalistas que competirán polo primeiro premio do xurado que será entregado nunha gala que se desenvolverá no Salón de Actos da Deputación de Lugo esta sexta feira. Nesta ocasión, o xurado entregará outro galardón á curta que estimen mellor das gañadoras de todas as edicións de “Curtas para Rosalía”.  

“A experiencia é extraordinaria e vai a máis,d e feito, a participación desta nova edición aumentou moito con respecto á anterior”, valora Anxa G. Refoxo, coordinadora do premio no que se presentan profesionais do audiovisual mais tamén algún centro de ensino. 

Anxa G. Refoxo destaca o elevado interese que esperta a figura de Rosalía que, máis unha vez, continúa a ser protagonista da maior parte das curtas presentadas. “Mesmo podendo ser de calquera autor ou autora ou tema da nosa literatura é chamativo que sexa ela a privilexiada nos traballos presentados, o que mostra a súa forza, o poder da súa obra e o resultado que está a ter ese esforzo que foi darlle o valor real que ela ten que, como se ve, está a callar na sociedade”, explica a coordinadora.  

As obras admitidas ao Premio do Xurado á mellor curta da V edición de Curtas para Rosalía son: 


1.- BÁGOAS DE SAL de Tatiana Mouro e Patricia Rodríguez.
Duración: 7′ Formato: Video Xénero: Drama poético

2.- ASÍ AS IDEAS de Celia Parra
Duración: 2’39″ Formato: mp4 H.264 1920 x 1080 Xénero: Videopoema

3.- SILENCIO! de Paco Gallego e Xosé Bocixa
Duración: 10’59″ Formato: (Quicktime) HD Digital Xénero: Drama

4.- O SOÑO DE ROSALÍA de Patricia Martínez Díaz e Teresa Cornide Ramos
Duración: 7’34″ Formato: WMV Xénero: Flashmob

5.- BALADA COVER de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)
Duración: 5’23″ Formato: Vídeo dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental/Documental

6.- VIDE  de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)
Duración: 1′ 34″ Formato: Vídeo dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental

7.- AS COUSAS  de Belén Montero e Juan Lesta (DSK)
Duración: 1’27″ Formato: Vídeo dixital 16:9 Xénero: Videopoesía/Experimental

8.- AS PRIMAVERAS DO BARRIO DO CURA de Miriam Rodríguez
Duración: 2′ 18″ Formato: MP4 Xénero: Videopoema

9.- EU SON ROSALÍA de EDLG da EEI Barrionovo
Duración: 1′ 46″ Formato: Stopmotion Xénero:Artístico Literario

10.- 2017 de Pablo Kaufmann
Duración: 2′ 15″ Formato: H264-MP4 (2:35) Xénero: Videopoema

11.- EU SON ROSALÍA de Juan Carlos Lago e Patricia Peña
Duración: 4′ 35″ Formato: WMA 16:9  Xénero: Lipdub

12.- MORTE DE ROSALÍA de Xes Diéguez
Duración: 5’46″ Formato: DVD Xénero: Drama

13.- NEGRA SOMBRA de Xoana Santos e Estela Suárez
Duración: 5′ Formato: Animación Stop Motion

14.- #ROSALIATWITTEIRA  de Millán Castro e Marina Chiavegatto
Duración: 4′ 26″ Formato: DVD Xénero: Experimento social

15.- VOLTA ATRÁS de Inés Mirás Vieites
Duración: 5′ 19″ Formato: Curtametraxe 1920 x 1080 Xénero: Drama

16.- CANTARES DE MULLER de Siddharta Álvarez
Duración: 15’45″ Formato: 16:9 Xénero: Drama

17.- O LEGADO DE LÍA de Álvaro Liste
Duración: 11′ Formato: DVD Xénero: Curta experimental

18.- TRAS DA NOITE de Nuria Mosquera Varela
Duración: 8′ 53″ Formato: MOV, H.264, AAC 1920 x 1080 Xénero: Experimental

19.-TORNAR de Daniel Suárez García
Duración: 6′ 05″ Formato: 16:9 / 1080P 25(MP4) Xénero: Videocreación

Á categoría de Premio do xurado á mellor curta dos cinco certames concorren: 

1.- SÍNDROME ROSALÍA de Fátima Peón
Duración: 12′ 10″ Formato: 16:9 Xénero: Falso documentario

2.- CARTA A ROSALÍA. CURTA A ROSALÍA de Judit Casas, Natalia P. Rodrigo e Patricia Prieto
Duración: 2′ 26″ Formato: HDV Xénero: Videoarte

3.- NOUTURNIO DE CELANOVA de Raúl García
Duración: 6′ Formato: PAL 16:9 Xénero: Animación

4.- IGNOTUS de Tomás Conde e Virginia Curiá
Duración: 15′ Formato: 4 / 3 Xénero: Animación Stop Motion

5.- UNHA MULLER QUE PASA de Xosé Bocixa
Duración: 8′ Formato: (Quicktime) HD Digital Xénero: Documental de ficción

6.- ESTE VAISE de Paula Pereira
Duración: 2′ 56″ Formato: AVI  Xénero: Dramático

7.- VELAQUÍ O TEXTO de Míriam Rodríguez Domínguez
Duración: 7`8” Formato: MPEG Xénero: Videopoema

8.- DENDE UN PAÍS QUE NUNCA VIN de Jairo Iglesias Martínez
Duración: 3`50” Formato: 4K HD distribución DVD Xénero: Ficción

9.- VAGUIDADES de Lara Bacelo González
Duración: 5`13” Formato: DVD  Xénero: Docudrama

Comentarios