A figura da artista Elena Colmeiro revisitada

A Comisión de Igualdade do Consello da Cultura celebra esta quinta feira día 30 a xornada anual na que revisa a traxectoria adunha muller que destacou nun ámbito de actuación. Nesta ocasión, a escultora Elena Colmeiro centrará a xornada.

Elena Colmeiro
photo_camera Elena Colmeiro

“Elena Colmeiro: Espazos da materia” é o título da xornada que esta quinta feira 30 de outubro achegará á obra e á traxectoria da escultora e, en especial, ceramista ademais de contribuír á reflexión e debate sobre as mulleres na arte. Como cada ano, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega organiza unha xornada encamiñada a coñecer en profundidade o perfil profesional dunha muller dun determinado ámbito nun encontro no que se convida ao debate tamén sobre a presenza das mulleres no seu campo de actuación. Tereixa Navaza e o xornalismo, Mabel Ribera e as artes escénicas ou Xohana Torres e a literatura foron protagonistas nalgúnhas das xornadas anterior, dunha iniciativa que se achega nesta vindeira edición ás artes plásticas da man de Elena Colmeiro.

“Unha relectura a unha obra chea de liberdade creativa, fóra de modas e modismos, pero integrada dentro do eido da escultura actual e que achega un estilo propio á realidade da historia da escultura galega contemporánea”, é un dos obxectivos da xornada que coordinan Chus Martínez e Natalia Poncela e na que participan, ademais da propia Elena Colmeiro, Anxela Caramés, Caxigueiro, María Xosé Díaz, Ana Gesto,Yolanda Herranz, Chelo Matesanz, Holga Méndez, Miguel Anxo Rodrígue, Ana Romaní, Rosario Sarmiento ou Mariam Mariño. Como nas anteriores edicións activarase no Album das Mulleres da Comisión de Igualdade unha cartografía con ampla documentación da traxectoria de Elena Colmeiro.  

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios