Festival solidario coa Semente dedicado ás Irmandades

Este domingo 12 de marzo o auditorio de Narón acolle o terceiro Festival da Semente Trasancos, dedicado á Irmandade da Fala de Ferrol e con artistas da comarca. 

semente-trasancos
photo_camera A Semente de Trasancos

O vindeiro domingo 12 de marzo a partir das 17:30 no auditorio de Narón dará comezo o terceiro Festival da Semente Trasancos onde artistas da comarca conmemorarán o centenario da Irmandade da Fala de Ferrol. Ademais, proxectarase unha curta sobre a lingua e sortearase unha pandeireta.

festivalsemente

O cantautor fenés Roger de Flor, o grupo infantil Quinindiole e a narradora de Mugardos Vero Rilo conducirán un festival que mesturará, unha vez máis, música con outras actividades: ademais das diferentes actuacións na que todas as persoas participan de maneira altruísta estrearase unha curta creada pola propia Semente Trasancos arredor do seu espazo e da comarca e sortearase unha pandeireta artesá feita en Neda.

O obxectivo é promover a comarca a través de artistas con orixe en Ferrolterra, recuperar a memoria histórica lembrando que hai cen anos que se creara a Irmandade da Fala en Ferrol e que os beneficios recadados sirvan para financiar o proxecto do espazo de ensino galego da comarca que leva a funcionar en Narón xa hai dous anos.

Comentarios