O Festival (S8) chega ao ecuador recreando "paisaxes encantadas"

Hoxe rende homenaxe ao creador italiano Paolo Gioli.
'Strawberries in the Summertime', de Jennifer Reeves.
photo_camera 'Strawberries in the Summertime', de Jennifer Reeves.

A decimocuarta edición do Festival (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña chega hoxe ao seu ecuador coa proxecciónde seis curtametraxes pertencentes á retrospectiva homenaxe ao cineasta italiano Paolo Gioli e cun programa especial que, coa pintura de Urbano Lugrís como referente, propón unha serie de filmes que transforman imaxes rutineiras en "paisaxes encantadas". 

Paolo Gioli, falecido o ano pasado é homenaxeado polo encontro da Coruña cun programa comisariado e presentado por Enrico Camporesi, responsábel de investigación e documentación no departamento de arquivo cinematográfico do Musée National d’Art Moderne – Centre Pompidou, que afonda na obra dun inspirador cineasta recoñecido a nivel internacional polas súas investigacións artísticas, fotográficas e de cinema experimental. 

Desde a década de 1970, Gioli aplicou ao cine técnicas primitivas de fotografía, tales como as cámaras estenopeicas, que chegou a fabricar utilizando cascas de noz, cunchas ou galletas. Construíndo os seus propios dispositivos, ou usando “de maneira incorrecta” as ferramentas e materiais do cine, xerou unha das obras máis importantes do patrimonio cinematográfico mundial. 

 

Paisaxes encantadas 

O (S8), que dedica a ten como imaxe protagonista o mundo onírico de Urbano Lugrís, incorpora ao seu programa de hoxe  un programa temático acorde coa imaxe da Mostra, que nesta ocasión estará dedicado a esas películas que buscan retomar a visión da infancia: “Paisaxes encantadas” como aquelas que pintaba Lugrís. 

Abrirá a sesión a estrea internacional de And so it came about, de Charlotte Pryce, e poderán verse filmes de destacadas cineastas contemporáneas como Gaëlle Rouard (Zooscopie), Detel e Ute Aurand (Fadenspiele 3) ou Jennifer Reeves (Strawberries in the Summertime), así como do mítico creador checo Jan Švankmajer (Picnic with Weismann). 

Comentarios