O festival Revenidas fecha cartel con Sés

O Revenidas pecha o seu cartel definitivo coas incorporacións de Sés, Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras e The Rapants, entre outros.

Sés liberaranos as arterias en Ames.
photo_camera Sés liberaranos as arterias en Ames.

O Festival Revenidas anunciou onte que fecha o cartel da edición deste ano con artistas e grupos que están a marcar referencia en distintos xéneros e estilos: Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras ou Monoulious Dop. Tamén hai lugar, por suposto, para nomes consagrados como o de Sés, así como para bandas emerxentes –algunhas delas xa están dando moito que falar- como é o caso de The Rapants, Copa Turbo e Doen.  E tamén para músicos que están a dar os seus primeiros pasos pero que xa están a chamar a atención como é o caso de Plectro ou da pontevedresa Sinner.

Tamén reserva un lugar o Revenidas nestas novas incorporacións para os artistas arousáns, como é o caso de Kris K Dj e La Yaya Dj, así como Os Terribles de Arousa e os citados Doen e Copa Turbo. 

Outra das novidades que onte se deu a coñecer son os artistas convidados que participarán na festa que Boyanka Kostova está a organizar para a primeira noite do Revenidas, a do 7 de setembro. Xunto a  Saibran Yiyi e Chicho do Funk estarán Pili Pampín, Grande Amore, Dios Ke Te Crew e Mundo Prestigio. 

 

Xornada de balde 

A derradeira xornada do Revenidas, o domingo 11 de setembro, inclúe a celebración de varios concertos, a tradicional sardiñada popular, actuacións teatrais e a gala de circo. Todo con entrada de balde. 

Na parte musical actuarán Sés, Ortiga e Caamaño & Ameixeiras, Os Terribles de Arousa e Louband. A gala de circo servirá para celebrar os 20 anos en escena de Peter Punk, con convidados como Kaldi, Pajarito, Cou, Dakidarría, Leo Arremecághona, Malala e Iván e Brais das Hortas. 

Na vertente teatral, a compañía Paraíso porá en escena Os diarios de Eva e Adán (Boleros no paraíso).  

Comentarios