O Festival de Poesía no Condado convídanos a ‘Escrever nas margens’

A 28 edición desta cita chave en Salvaterra reúne poesía, música, artesanía, exposicións, obradoiros, debates... durante esta sexta e sábado. 

Máis un ano o recinto amurallado de Salvaterra do Miño acollerá o Festival de Poesía que organiza a SCD Condado, unha cita de referencia a nivel de toda Galiza e que ao longo destas tres décadas fixo desta localidade un espazo privilexiado para a poesía, a música e o debate.

Esta 28 edición decorrerá esta sexta e o sábado. Na primeira xornada haberá proxeccións audiovisuais (Pacios, Manuel Darriba) e exposicións (‘Elas som eu’ e ‘Matrikas’). A partir das 22:30, Noite nas minas con ‘blues do país’ e posteriomente Fanfarria Taquikardia e Bigote Mix.

O sábado a xornada será completa. Desde a feira de artesanato até campionato de billarda, pasando por obradoiros, proxeccións audiovisuais, festa infantil, así como unha mesa redonda na que se abordarán cuestións como a banca ética, a horta ecolóxica e as bioconstruccións.

E xa pola noite, Música & Poesía, presentado por Leo Amrremecágona. Recitarán: Viale Moutinho, Teresa Moure, F. Álvarez Koki, Alicia Fernández, Paula Carballeira, Ismael Ramos, Marília Miranda, Xabier Cordal, Xesús Rábade, Berta Davila, Concha Rousia. E a música virá da man de A Quenlla, Fortuitos, Sés, Tetas Van e Liska.

Comentarios