“Este ano a presenza de músicos locais e música galega no San Froilán vén grazas ao Festival “De Noso” sinalou Mario Outeiro, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación no acto de presentación do programa do Festival “De noso”, organizado pola Asociación Cultura do País.
Cé Orquestra Pantasma, Eudemónicas e Os Tres Trebóns protagonizarán un concerto nos xardíns do Museo de Lugo a partir das 22.30 horas, para pechar unha xornada na que, na tarde, desenvolveranse a presentación de aulas de pandeireta, do libro “Todos os días” de Alberte Ramos con Berta Dávila e o DVD do filme “Villamor” de Ignacio Villar. O presidente da asociación cultural Cultura do País, Serxio Aller, e o secretario da mesma, Antón Somoza estiveron presente na presentación do congreso que se desenvolverá no Museo de Lugo.