Un festival literario no Courel

Non todo é música nos festivais do verán. Por segundo ano consecutivo celébrase no Courel o Festival dos Eidos, un festival literario que se celebra esta fin de semana organizado pola Fundación Uxío Novoneyra. 

courel
photo_camera Imaxe da edición do ano pasado [Foto: Bitácora de Caurel]

A Fundación Uxío Novoneyra organiza o Festival dos Eidos, festival literario que se levará a cabo os días 13, 14 e 15 de agosto, en diferentes emprazamentos da aldea de Parada do Courel, desde a casa do poeta, sede da fundación no Souto da Rubial, celebrando a súa recente declaración como conxunto de “Árbores Senlleiras” de Galicia, e dentro da rede europea “Litfest: Literature for Life” de festivais literarios en zonas isoladas, dependente da iniciativa comunitaria Erasmus+.

Durante os tres días da programación do festival haberá recitais poéticos (con Oriana Méndez, Antón Blanco, Vicente Reboleiro e Branca Novoneyra), música (con Cinta Adhesiva, Blues do Pais, Voltem, Terra Morena e Rulassie Selektah), teatro en homenaxe a Manuel María (con Lucecús), a exposición “Os últimos labregos” de fotografías de Federico García-Cabezón, demostracións de xogos populares e artesanía galega, e obradoiros de leitura e de micromecenado (da plataforma Ith Crowdfunding).

comentarios