Cultura

O Festival de Jazz de Moaña loita por sobrevivir á Covid-19

nha cuarta edición "máis galega ca nunca"
sumrra
photo_camera sumrra

Malia os efectos da pandemia, mantense a cita co Festival de Jazz de Moaña, unha das referencias galegas para as amantes deste estilo musical. A IV edición chega cun cartel "máis galego ca nunca", afirman desde a organización, que encherá de jazz o arboredo da Xunqueira durante os días 14 e 15 de agosto, respectando todos os protocolos e precaucións para previr a transmisión da Covid-19.

A delegada de turismo Coral Ríos, o delegado de ensino e deportes Juan Parcero e a tenente alcaldesa Marta Freire, xunto á Asociación de Jazz de Moaña, presentaron onte nos xardíns do concello o cartel, subliñando que o evento é xa un dos "imprescindíbeis" do programa "Días de Mar". A capacidade das actuacións limitarase desta volta a 300 persoas e as entradas serán de balde, dispoñíbeis online ou na oficina de turismo. Pola súa banda, desde a Asociación de Jazz de Moaña afirman estar “moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel galego dun altísimo nivel”. O ciclo dará comezo na noite do 14 de agosto con Sumrrá, un dos grupos galegos de jazz de referencia tanto no noso país como no extranxeiro e un proxecto con case 20 anos de traxectoria. O seu concerto irá seguido dunha jam sesion a cargo de Antón Iglesias Trío.

O sábado 15 de Agosto abrirán o festival Wilfried Wilde Quintet, un proxecto do guitarrista francés afincado en Bueu Wilfried Wilde , que presenta o seu primeiro traballo xunto a Charley Rose no saxofón, Xan Campos no piano, Demian Cabaud no contrabaixo e Iago Fernández na batería. De novo, o concerto irá seguido dunha sesión improvisada que nesta ocasión dirixirá o guitarrista Nacho Pérez xunto co seu trío.

Comentarios