O Festival Intercéltico do Morrazo recupera a normalidade

O decano dos festivais folk galegos alcanza este ano a súa trixésimo oitava edición. 
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, na presentación acompañada de Coral Ríos, Marta Freire, Carlos Juncal, José Manuel González (Moaña AntiQua) e representantes dos grupos tradicionais da localidade do Morrazo.
photo_camera A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, na presentación acompañada de Coral Ríos, Marta Freire, Carlos Juncal, José Manuel González (Moaña AntiQua) e representantes dos grupos tradicionais da localidade do Morrazo.

O Festival Intercéltico do Morrazo (FIM), decano dos festivais folk galegos, chega este ano á súa XXXVIII edición de modo ininterrompo.

Organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 29, 30 e 31 de xullo de 2022. 

Logo de dúas edicións marcadas pola situación sanitaria derivada da pandemia, que obrigou a tomar medidas restritivas en canto a aforamento, distanciamento social, etc, esta edición preséntase como “a da volta á normalidade do FIM.

Deste modo, o certame recupera o seu formato tradicional, onde o público “poderá gozar dos concertos e das actividades paralelas sen colas, sen restricións de acceso e, de balde, como viña sendo habitual”. 

A XXXVIII edición do FIM, tamén será a da volta das e dos artistas internacionais: Elephant Sessions (Escocia), Yves Lambert (Quebec) e Kathryn Tickell (Northumbria), nun cartel de seis concertos completado polas formacións galegas Treixadura, Xurxo Fernandes e Os d’Abaixo. 

Paralelamente aos concertos, tamén se levará a cabo a primeira edición de A MOA, a Mostra de Artesanía e Cultura Tradicional, con cartel propio que contará con expositores, obradoiros, desfiles e actuacións musicais e de danzas tradicionais, organizada pola Asociación Moaña AntiQua e o Concello de Moaña. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios