O Festival de Deseño da Galiza instálase na Coruña

A cidade gozará de sete días de conferencias, presentacións, obradoiros, roteiros, gastronomía, visuais e música, e as exposicións permanecerán ata o 17 de xullo en Palexco e na Praza de Lugo.

O festival inclúe inclúe tres exposicións dedicadas ao deseño
photo_camera O festival inclúe inclúe tres exposicións dedicadas ao deseño

A Galicia Design Week, o festival do deseño pioneiro na Galiza, empeza na Coruña este 24 de xuño cun formato híbrido, presencial e online, que reunirá o mellor do deseño galego xunto con referentes internacionais. 

O público poderá gozar da Galicia Design Week en catro eixos diferenciados: o Pro, con catro días de conferencias e presentacións; o Showcase, que inclúe tres exposicións dedicadas ao deseño; o Showroom, un escaparate dixital de creacións galegas e un roteiro por estudios e espazos de deseño da Coruña; e o Camp, con catro obradoiros e revisión de portafolios. 

 

A sala municipal de exposicións de Palexco acollerá #omellordeseñodoano, cos traballos e traxectorias galegas premiadas en diferentes certames internacionais, e #futurodeseñogalego, unha mostra dos mellores traballos das escolas públicas de deseño galegas. Por outra parte, a Praza de Lugo será o escenario na rúa da exposición #novodeseñogalego, cunha mostra do mellor talento emerxente sobre unha instalación deseñada polo estudio coruñés Flu-or. As tres exposicións serán obxecto dunha visita guiada o 30 de xuño de 18 a 20 horas, finalizando en Palexco coa presentación do libro Vivir del Diseño de Ana Gea, directora da revista Gràffica

O Showroom será un escaparate dixital de creacións galegas na web do festival, ademais dun roteiro por diferentes estudios e espazos de deseño da cidade da Coruña que se levarán a cabo dende o 27 ao 30 de xuño. 

Neses mesmos días terá lugar o Camp, con catro obradoiros de rexeneración de polígonos industriais a cargo de María Fandiño; streaming, con Miraveo; deseño de mobiliario, con Laboratorio 001; e branding a cargo de Masterbrand. 

Galicia Design Week continúa o camiño do primeiro gran festival do deseño da Galiza, e inclúese no circuíto de citas internacionais de cidades como Barcelona, Londres, Nova York ou México. 

Comentarios