O Festival da Liberdade organiza o I concurso Suso Vaamonde

A iniciativa que leva o nome do cantor galego procura axudar economicamente proxectos de colectivos e entidades sen ánimo de lucro. A iniciativa afortunada elixirase en votación. 

suso vaamonde

O Festival da Liberdade celebra este ano, do 13 ao 15 de outubro, a súa segunda edición. En Cangas, como non, e cun completo programa de concertos, actividades e propostas e para eses tres días. Como novidade, este ano desde o FdL impulsan o I concurso Suso Vaamonde, unha iniciativa pola cal parte do que se recade no festival irá destinado ao proxecto dunha organización, colectivo ou entidade sen ánimo de lucro. Presentáronse por volta de 16 propostas e será o público, en votación, quen decida que proxecto será destinatario da axuda económica. Unha aposta en afortalar iniciativas e proxectos sociais que precisen dun impulso económico.

A II edición do Festival da Liberdade comezará o 13 de outubro e durará até o 15. Haberá proxeccións, coloquios, obradoiros, mercado ecolóxico, circo na rúa... e música, moita música. Superoito, Los chikos del maíz, Sara Hebe, KOP, Faperrys, Rebeliom do Inframundo, Xendera, The Skarnivals... estilos a eito para unha cita que, en apenas dous anos, foi quen de se facer impreswcindíbel no calendario festivaleiro galego.

Comentarios