Festival da Liberdade: dous días de música, festa e sorpresas para dar a benvida ao Outono

Decorrerá o 18 e 19 deste mes en Cangas e vén cun cartaz de luxo baixo o brazo: de Habeas Corpus e Kop a Nao, Zoo ou Rebeliom do Inframundo e Xenderal; pasando por Mini e Mero, Skándalo GZ, Liska! ou Sokram. E aínda hai máis, moito máis. Promo d'O Leo no interior.

fff

Nace como un festival sen ánimo de lucro, o que supón traballo, traballo e máis traballo e responsabilidades para un grupo de persoas voluntarias dispostos a deixar os folgos para erguer un festival que non quere ser como o resto dos festivais que hai polo país. É o Festival da Liberdade e vai decorrer os días 18 e 19 deste mes de setembro en Cangas. Unha cita perfeita para lle poñer o ramo ao verán ou para dar a benvida ao Outono, como máis goste. Elas e eles propios falan de “dous días de música, festa e sorpresas” nun encontro que vai alén do estritamente musical, malia ser ese o seu alicerce.

O cartaz é de luxo en ambos os dous días: variado en estilos e visións musicais, mais cun compromiso e cunha aposta pola música e cultura do país. O Leo vai ser quen presente o evento nas dúas xornadas, abrindo as portas a 48 horas de convivio e diversión.

O sábado 18 comezará na capela do Hospital coa música de Mini e Mero e de Xenderal. De alí choutará ao Monte Carrasco, onde actuarán Nao, Habeas Corpus, Kop, Sokram, Liska! e Argallada. O domingo 19 comezará coas propostas de Xan Campos e Tino Baz. E a continuación: Dakidarria, The Locos, Zoo, Boikot, Rebeliom do Inframundo e Skandalo GZ.

Sobre como chegar, conseguir entradas e toda a información que se precise... a súa web, Festival da Liberdade.

Comentarios