Festival Compostela... en Bruxelas

O vindeiro 4 de xuño o Centro Galego de Bruxelas organiza o Festival Compostela na capital europea, cun cartel que inclúe a Sés e a Xabier Díaz, entre outros. 

SES
photo_camera SES

O evento está organizado polo Centro Galego desta cidade co obxectivo de promover o Camiño de Santiago en Bélxica. Trátase dunha xornada completa, con desfile folclórico polo centro de Bruxelas e stands de especialidades gastronómicas galegas e españolas, ademais de mostra de bailes folclóricos belgas e galegos. 

Xa pola tarde presentarase o libro 'Hijos del Trueno. Mitos y Símbolos en el Camino de Santiago' de José Tono e proxectarase o filme 'Le Chemin de la Vie' de Freddy Mouchard. Para rematar a xornada haberá tres concertos: dos asturianos Xera, de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e de Sés. Para poñer o ramo á festa, queimada, claro, definida por eles mesmos como “poción máxica”.

Comentarios