Cultura

O festival de Cans afronta a súa edición máis "exclusiva"

A edición de 2020 chega cun límite de 400 entradas diarias, 200 en horario de mañá e 200 de tarde, de 2 a 5 de setembro
A organización presenta o festival de Cans en Compostela (Arxina).
photo_camera A organización presenta o festival de Cans en Compostela (Arxina).

O festival de Cans celebra este ano a súa edición con retraso, entre o 2 e o 5 de setembro. As restriccións de acceso e os protocolos de seguridade marcarán o evento, no que será preciso retirar entradas -estarán dispoñíbeis 400 diarias- ou inscribirse previamente nas actividades paralelas.

A organización presentou onte con "MasCansRilla" e respectando as distancias de seguridade as chaves dunha versión reducida e máis "exclusiva" do ciclo de cinema que fixo dos ghalpóns da veciñanza da aldea a súa bandeira.

Mais desta volta evitaranse aqueles onde habiten veciñas de idades avanzadas, que tampouco formarán parte do xurado ni n conducirán os tradicionais "chimpíns". Tras un proceso que supuxo "moito esforzo", a presidenta da Asociación Cultural Arelas, Keka Losada, explicou que a prudencia e a responsabilidade serán prioritarias.

Homenaxe a Chano Piñeiro

A organización fixo pública a imaxe desta edición, desenvolvida por Nikis Galicia en homenaxe ao Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989), no 25 aniversario do seu pasamento, así como ao clásico cinematográfico E.T. (Steven Spielberg, 1982).

Os billetes poderán adquirirse a partir do día 27 de xullo, en grupos de mañá ou de tarde, en packs con camiseta e chapa, a prezos que van desde os 20 aos 25 euros e darán acceso ás proxeccións, coloquios e concertos.

As actividades paralelas, como as rutas, limitaranse a 20 participantes, previamente inscritas. As persoas responsábeis do festival explicaron que se habilitarán vías de circulación, entradas e saídas diferenciadas e actividades sentados con distancia de seguridade.

A illa das mentiras

A película A illa das mentiras, de Paula Cons, será a encargada de abrir a XVII edición do evento, nunha sesión para 120 persoas que terá lugar no Salón do Círculo Recreativo Cultural do Porriño.

Este filme, que acaba de ser seleccionado para participar no festival de Shanghai, recupera a historia do vapor Santa Isabel, que en 1921 naufragou fronte á illa de Sálvora con centos de emigrantes que se dirixían a Bos Aires.

comentarios