O Festival de Cans adía a setembro a súa edición de 2021

En lugar das tradicionais datas de marzo.
A organización presenta o festival de Cans en Compostela (Arxina).
photo_camera Imaxe de arquivo: a organización presenta o festival de Cans en Compostela (Arxina).

A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, decidiu que a  XVIII edición desta cita se adíe, como ocorreu o ano pasado, até a primeira semana do mes de setembro, en lugar de regresar ás tradicionais datas en marzo.

En concreto, decidiuse que a cita se celebre entre o 1 e o 4 de setembro para "actuar con prudencia" e ter en conta a evolución da pandemia mentres avanza o proceso de vacinación.

O pasado ano, ao redor de 3.000 persoas pasaron por  Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estritas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. 

O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en  streaming das principais actividades.

Ademais, incidiuse en medidas como trazar un "escudo protector" sobre as persoas maiores da aldea e diminuír tamén o número de 'jalpóns', xunto cunha redución da capacidade. Mesmo nestas circunstancias excepcionais, o festival discorreu "con total normalidade", apuntan os organizadores.

Comentarios