Ilustración

O festival Allariz Debuxado presenta o seu programa

Terá lugar entre 31 de xaneiro e 1 de febreiro en Allariz.
Detalle do cartaz de Allariz Debuxado 2020
photo_camera Detalle do cartaz de Allariz Debuxado 2020

O festival de ilustración Allariz Debuxado acaba de facer público o programa da súa cuarta edición, que terá lugar do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro en Allariz.

O asturiano David Lafuente, coñecido polo seu traballo para Marvel, será un dos principais convidados, xunto á ilustradora Ester García, o debuxante Tomás Hijo e o editor Manel Cráneo. Celebrarase tamén a III Feira da Creación, que reúne proxectos de autoedición do país.

Comentarios