Festivais de música na Galiza: que queda por diante?

Após o 'Resurrection Fest', repasamos algúns dos festivais de música que quedan por diante até o final do verán.
Concerto de Gojira no Resurrection 2019 (Foto: Resurrection Fest)
photo_camera Concerto de Gojira no Resurrection 2019 (Foto: Resurrection Fest)

A pandemia da Covid-19 alterou por completo o rico circuíto musical que ano tras ano percorría todos os currunchos da xeografía galega. Con todo, neste 2021 foron varios os que optaron por adaptarse e desenvolver edicións de circunstancias, entre eles o Resurrection Fest, que se celebrou na localidade de Viveiro entre os días 26 e 28 de agosto cun programa que inclúe nomes tan coñecidos como Kreator, While she sleeps ou Angelus Apatrida, entre moitos outros. 

Porén, hai vida alén do metal, e a pesar das avanzadas datas aínda queda música por diante na Galiza, e estes son algúns dos festivais máis interesantes:

Festiletras (2, 3, 4 e 5 de setembro)

Xosé Lois Romero & Aliboria, Guadi Galego e Amigxs ou Fetén Fetén protagonizan unha edición moi especial do Festiletras de Ponteceso

Festival Confluencias (3, 4 e 5 de setembro)

Desenvolvido no auditorio municipal de Valga, Abe Rábade Trío, Susana Seivane ou Nastasia Zürcher achegarán a esta localidade o mellor do folk e do jazz do país.

Festival Revenidas (9, 10, 11 e 12 de setembro) cartel-completo-revenidas-2021

Este certame, que terá lugar en Vilaxoán ao longo de catro días nos que a música galega é a gran protagonista, ofrecerá a oportunidade de seguir ao vivo ás Tanxugueiras, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou Laura Lamontagne.

Festival Revoltallo (10, 11 e 12 de setembro)

Con case 30 anos de historia, este espectáculo de rock cun toque familiar que se desenvolve en Carballeira do Pedregal (Valadares, Vigo), presenta un amplo cartel encabezado por Xan Campos Trío, Grande Amore e Cró!

Comentarios