QUE FACER?

Os festivais, os grandes protagonistas da última finde de agosto

Sen tregua. Festivais a esgalla. Vexamos.

Banda municipal de Carvallo
photo_camera Banda municipal de Carballo

Sexta feira

Carballo. Praza do Concello. 22 horas. Festival de música e baile tradicional. Contará coas actuacións da Banda Municipal de Gaitas, AC Nemth, ACX Arume de Berdillo e AC O Candil de Sisamo.

Sexta feira e sábado

Monterroso, aldea de Cumbraos. III edición do Festival Agrogay da Ulloa. A oferta, moi completiña: proxección de curtas agrogays e concertos de Sofía Espiñeira e Os Modernos, sesión vermú a cargo de As Boubas, a Banda das Crechas o DJ Moreno Moreno. E alén da música: ioga, feira de artesanía, loita tradicional galega e unha mesa redonda arredor das minorías LGTBQI e o rural, tamén contacontos com Brais das Hortas e teatro da man de Chévere co espectáculo As Fillas Bravas.

Sábado

Piornedo. XI edición da Festa da Pandeira. Haberá acollida das tocadoras (13 h), xantar homenaxe (14 h), charla coloquio sobre a pandeira e os xeitos de a tocar nos diferentes territorios (16 h) e música a partir das 17 h. Porá o ramo o baile e unha sesión de actuacións improvisadas.

Sábado e domingo

Cambados, na parroquia de Corvillón. Festival Xironsa, música tradicional e rock da Galiza, organizado pola Asociación Cultural Xironsa de Corvillón. Comeza o sábado ás 13 horas, cunha sesión vermú amenizada por Os Meliados de Corbata, após da cal há de vir un xantar popular com animación musical por conta de Pandereteiras Xironsa e Non Vale Furar. Xa pola tarde é a quenda de Os Modernos, Circo Chosco e Peter Punk. De noitiña agárdannos Dakidarria, Eichidisir, Aires da Cotra, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Pepe Vaamonde Grupo, Vendavalada e Xironsa. Tamén terán o seu espazo a feira artesá e os xogos tradicionais.

Fin de semana. Sexta feira, sábado e domingo.

Combarro. Praza da Chousa. Armadiña Rock. Intensa programación musical, mais tamén teatro, circo, fotografía, coloquios, documentarios, curtas, concurso de balcóns e un festival feito á medida da cativada, o Armadiña Kids. Imposíbel aburrirse. Quen vai tocar? Tomade nota: Siniestro Roral, Banda Bassotti, SES, Terbutalina, NAO Galiza, Banda Crebinsky, The Lákazans, Agoraphobia, Tractor Troy, Noite Fechada, Poetarras, Cora Sayers, Pulpiño Viascón, Fanfarria Taquikardia, Agarito Teatro, As Sircópatas Circo e Dulce Piruleta.

Comentarios