A festa galego-portuguesa da Coca volve a Redondela

Redondela revive estes días a súa tradicional festa da Coca. Esta festividade ten lugar noutros concellos do conxunto etnográfico galego-portugués como Betanzos e Monção.
A Coca nas rúas de Redondela (Foto: A Coca nas rúas de Redondela).
photo_camera A Coca nas rúas de Redondela (Foto: A Coca nas rúas de Redondela).

Redondela recuperou a súa tradicional festa da Coca e volveu após a suspensión pola pandemia nos dous anos anteriores comezando co baile de xigantes e cabezudos ao que lle seguiu o baile de espadas e penlas.

Esta celebración, de orixe pagá, lembra a lenda da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. 

En Redondela explica a derrota deste animal a mans dos mozos e para conmemorar esta vitoria, realízanse interpretacións tanto do propio animal como da batalla na cal a Coca foi derrotada.

Esta figuración coñécese como danza das Espadas, representando aos mozos que comezaron a danzar coas súas armas arredor do animal morto após derrotalo, e baile das Penlas, simbolizando a celebración das doncelas liberadas das fauces do dragón. 

Festa etnográfica galego-portuguesa

Ademais de Redondela, a festa da Coca segue a realizarse en diferentes lugares do conxunto etnográfico galego-portugués, como Betanzos ou Monção.

Está última localidade posúe desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, e desde o 2003 ambas as dúas celebracións son publicitadas baixo unha promoción turística conxunta.

Comentarios