Concédeo a Deputación da Coruña

Fernando Castro gaña o Rafael Dieste de teatro con 'Amorodo agre'

Amorodo agre é unha “elaborada construción dramática, cunha traballada definición dos personaxes, as atmosferas e o xogo simultáneo de diálogos”. E é tamén a obra distinguida pola Deputación da Coruña co XIX premio de teatro Rafael Dieste. O seu autor, Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, Asturies, 1975).
dieste xurado 2019
photo_camera O xurado do premio Rafael Dieste de teatro 2019. De esquerda a dereita, a actriz Mabel Rivera, a creadora escénica Marta Pérez, o profesor Carlos Vizcaíno, o deputado de Cultura Xurxo Couto, a escritora Marga do Val e o escritor Ernesto Is. Foto: Deputación da Coruña.

A peza inclúe “un arranque impactante que consegue manter a emoción e o interese”. E o fallo salienta ademais a calidade da lingua empregada e o tratamento de temáticas complexas.

O xurado conformárono a actriz Mabel Rivera, a escritora Marga do Val, o profesor Carlos Vizcaíno, a actriz e creadora escénica Marta Pérez e o gañador da anterior edición, Ernesto Is. Escolleron Amorodo agre de entre 46 obras presentadas.

Fernando Castro é filólogo e profesor nun instituto en Cee. Traballa no teatro escolar e afeccionado, e membro do grupo Farándula Velutina. Tamén escribe poesía e narrativa.

Comentarios